mércores, 30 de outubro de 2013

xa estamos en marcha!!!

cas clases habituais de martes a venres, o taller de iniciación á acuarela(mércores as sete) e algunha proposta que se irá sumando ó noso camiñar ... Así que aproveitando “os tempos”; emocionándonos cos reencontros tras este marabilloso e caloroso verán e preparando obxectivos e futuros traballos que irán saíndo ó longo dos meses neste blogue... e saíndo tamén para agasallar amigas e amigos, decorar o noso entorno, facernos sentir hábiles e creativos e compartir co mundo tanto que temos que ofrecer cada unha de nos.

domingo, 13 de outubro de 2013

empezando o curso ...


Este ritmo cíclico empezando a nosa actividade co outono e descansando desta no verán invítanos a pensar no movemento e no paso do tempo; e temos a sensación de ir en camiño... estamos no camiño... seguimos camiñando na nosa inquietude artística ou nesa busca persoal vinculada a unha linguaxe distinta da palabra.

Cada persoa que se achega ó taller persegue obxectivos distintos: ás veces nin se saben nin se sospeitan... outras están demasiado claros e fan perder sorpresas e detalles agochados no camiño... as posibilidades que se nos ofrecen a través da expresión e aprendizaxe dunha actividade artística é tan infinita como limitada: será a nosa actitude a que marcará límites. E son moitos os medos, moitas as distraccións desta sociedade vertixinosa e cada vez máis superficial, moita a competitividade e a crenza no útil e práctico a curto prazo ... equipaxe pesada esta para unha aprendizaxe chea de pracer, densidade, sabor, consistencia... que xere cóxegas na nosa mente e no noso ser.
Así que nos sacudiremos os medos e encheremos o corpo de enerxía e curiosidade para a viaxe... unha viaxe de texturas, pinceladas, cores, sensacións, riscos, bosquexos, vibracións...