martes, 26 de novembro de 2013

arteterapia no tallerdepolo

saúdos amigas e amigos do tallerdepolo!! 

cada curso tentamos aprender e incorporar novos saberes ou novas posibilidades creativas.
Este curso Jose de ARTETERAPIA VIGO nos ofrece compartir con el unha fermosa proposta de talleres de arteterapia dende decembro ata xuño; só unha tarde de sábado ó mes.

Jose nos propón un obradoiro onde non é necesario saber debuxar ou pintar ben, senon que empregaremos a expresión plástica cunha finalidade terapéutica ou de benestar persoal. Tratarase de poñer de manifesto a nivel individual problemas mal canalizados ou agachados para xestionalos axeitadamente, de maneira que cada persoa poda facerse con novos mecanismos de equilibrio emocional ou descubra descoñecidas forzas creativas; e tod@s as participantes recibirán información e formación relacionada.

As datas son as seguintes: 14 decembro, 11 xaneiro, 8 febreiro, 8 marzo, 5 abril, 10 maio e 7 de xuño (segundo avance o ano podería xurdir algún cambio nalgunha delas) e
para inscribirse ou informarse con máis detalle podedes facelo no 
teléfono 986 304 648 ; escribindo a arteterapiavigo@gmail.com ou comenta as túas dúbidas no tallerdepolo.

http://arteyterapeutica.blogspot.com.es/2013/10/arteterapia-en-coruna.html https://www.facebook.com/events/581554498569710/?notif_t=plan_edited 


como aínda non temos imaxes deste futuro taller ilustramos a iniciativa con imaxes de obras de polo, que teñen o seu de terapia ...



xoves, 21 de novembro de 2013

Novembro 2013

en novembro se nos ven enriba o frío, os grises ceos e cambios horarios que fan das seis da tarde noite prematura. É como se as cores se diluíran e difuminaran; prevalecendo unha ampla gama de grises nun bonito xogo de grisallas... quizais algo triste. A pintura e o xogo cas cores pode substituír dalgunha maneira a carencia de luz e contrastes de cor. Poñer cores ó noso arredor, na nosa roupa, entorno, nos nosos blocs,... pode tinxir algo de luz os nosos sentimentos e regalarnos un sorriso inesperado.