venres, 20 de xuño de 2014

celebrar ...


Este xoves pasado algunhas das habituais do taller tivemos a oportunidade de xuntarnos a celebrar un curso máis! Celebrar que aínda estamos aquí, que estamos en forma e pensamos seguir pintando, creando ou investigando en cousas varias; polo menos unha temporadiña máis... se non é a pintura serán unha neta ou un neto, uns novos estudios que nos ilusionan, un xiro de vida imprevisto ou simplemente a tranquilidade de disfrutar o dia a dia... celebrar.
Temos moito que celebrar... moito máis do que nos permite ver-sentir a vertixe do diario... aínda que atopemos obstáculos e circunstancias moi duras quedan agasallos íntimos, pequenas poesías de vida para apreciar e sorrir... e celebrar.
 
Imos celebrar agora a capacidade creadora, a tenacidade, a ilusión, a aprendizaxe,... ... as horas compartidas, as compañeiras, as risas e as discusións, ... o traballo lindo e rematado!





 "hueco para lo nuevo" belén deixando sitio pra aventura!


 lucía sempre investigando! 


 concha pintando con moito amor para rodri!


 victoria cada día máis segura ca sua pintura!


 cris vai pintando a modiño, ó seu ritmo! ;)

loli reinterpreta unha paisaxe do coñecido pintor gerardo porto; 


gerarda experimenta con éxito con veladuras de aceite ;)


carmen diseña e ilumina os seus nenúfares para que queden superlindos!

pili das súas fotos fai fermosos cadros



e lucia que non para nin un minuto ;) é unha celebración en si mesma!





domingo, 8 de xuño de 2014

feira economia social 2014


O sábado 31 de maio de 2014 convocouse un ano máis unha nova feira de economia social onde poder participar aqueles proxectos afines a unha mirada diferente a economía; onde os proxectos de vida e de profesión miren máis cara a mellora social-persoal fronte o agresivo mercado laboral como se entende hoxe en dia... máis abaixo detallo un listado de principios que nos poderían guiar neste camiño ...
para esta iniciativa o tallerdepolo quixo aportar a posibilidade que ofrece a expresión plástica, como maneira de comunicar e impactar nxs máis pequenxs (e acompañantes) de abrir unha porta de comunicación cas iniciativas expostas na feira. Preparei un número limitado de camisetas de cartón(entre quince e vinte) para deseñar e colorear polos diferentes nenxs que se acheguen, para acadar esa camiseta haberá que buscar pola feira a correspondente etiqueta; teremos que investigar en base a unhas pistas dadas, sobre algún dos proxectos de economía social que participen. Tamén preparei un sinxelo photocall de cartón que servira para xogo, recordatorio do dia pasado ... ..
o obxectivo era implicar no xogo non só xs pequenxs senón tamén buscar a complicidade das persoas(proxectos) participantes na feira, dos adultos acompañantes e crear distintas interaccións que nos puideran enriquecer dalgún xeito...
outra intención era unha vez rematadas as camisetas e a pintura deixar un espazo máis tranquilo só con ceras e papeis para que seguira dispoñible libremente pero a verdade foi, que non calibrei ben o material e axiña quedei sen superficies pintables ou coloreables, unha mágoa.



 preparación previa no tallerdepolo


xa na praza de pontevedra en acción!





o noso veciño un fabricante de fantásticos xoguetes de madeira 


algúns exemplos das camisetas no fotocall!






 o máis importante para o final!!  agradecer o fermoso día compartido con tanta xente amiga, compañeirxs de feira, visitantes e axudantes tan especiais como; clara, belén, concha e olga que estiveron en primeira liña ca rapazada!!!
foi un día moi fermoso e de enerxías amables, tranquilas  e loitadoras que tanta falta fan!!

 PRINCIPIOS DE ECONOMÍA SOCIALQue é o mercado social?
Por feira ou mercado social entendemos unha rede de produción de bens e servizos, distribución,
financiación, consumo e aprendizaxe común, que funciona con criterios éticos, democráticos,
ecolóxicos e solidarios nun territorio determinado.
Esta rede pretende superar as regras negativas do mercado convencional, construíndo un
mercado que opere baixo criterios e relacións económicas xustas.
Quen o integraría? Estaría integrada principalmente por persoas, empresas e entidades de
economía social e solidaria produtoras de bens e servizos, distribuidoras, financiadoras e
comercializadoras así como consumidores e consumidoras responsábeis, que cumpran os
principios do mercado social.
Que principios deberían rexer o seu funcionamento?
a. A transformación social, é dicir, que coa súa actividade as participantes axuden a construír
unha sociedade xusta, libre, democrática e igualitaria.
b. Defenden a rendibilidade integral: económica, medio-ambiental, humana, cultural e social, por
tanto estas entidades non teñen como fin a maximización do beneficio económico.
c. Trátase de entidades arraigadas no territorio onde desempeñan o seu traballo,participando
activamente na comunidade local na que están inseridas.
d. Trátase de entidades que traballan en rede, estabelecendo relacións de complementariedade,
reciprocidade, confianza e participación.
e. Son entidades comprometidas coa sustentabilidade medio-ambiental, que fan un uso
equilibrado e respectuoso dos recursos precisos en todas as fases da súa actividade.
f. Son entidades comprometidas e corresponsábeis co bo vivir* das persoas que traballan e
colaboran nelas, sexan socias ou non. No caso de entidades con traballos remunerados, estas
estabelecen condicións laborais dignas para as persoas traballadoras.
g. Son entidades que fomentan as políticas baseadas na igualdade de xénero.
h. Son entidades que fomentan as políticas de integración e respecto e apoio á diversidade.
i. Son entidades que se recoñecen sensibilizadas co benestar animal
j. Son entidades que fomentan a cultura e o idioma galego.
k. Son entidades nas que todas as persoas traballadoras teñen iguais dereitos e deberes, teñen a
oportunidade de participar en igualdade de condicións na toma de decisións e no deseño das liñas
estratéxicas da entidade. Son entidades que apostan pola xestión democrática, horizontal e
participativa.
l. Son entidades que apostan pola xestión democrática, horizontal e participativa, establecendo
canles de participación efectiva.
m. Son entidades cuxa xestión é transparente, dispostas a avaliar periodicamente e coa
participación das persoas consumidoras e/ou outros proxectos sociais o seu compromiso público
con os principios sociais polos que se rexe. Entidades que fan pública a auditoría social e os
balances integrais.
n. Son entidades transparentes, dispostas a informar e avaliar periodicamente a nivel interno e
externo o seu compromiso cos principios polos que se rexe a súa pertenza ao mercado social.
o. Son entidades que optan por unha política comercial colaborativa, non agresiva e que non
participan en competencia desleal.
p. Son entidades que manifestan o seu compromiso na construción, mantemento e ampliación
da feira social/mercado.

luns, 2 de xuño de 2014

maio maiolo, oxalá duraras o ano todo!!


moito e moi lindo traballo feito neste mes de maio maiolo!
e xa hai alumnxs que se despiden ata o próximo curso; xa empezamos a vivir máis fóra que dentro! pronto chegan tamén exames finais co seu estres e conta atrás delirante... e algunhas xa planean a xuntanza de fin de curso, adiantándonos sempre ó que aínda ten que chegar... vivindo máis no futuro ca no presente! e é que a ansia de verán xa nos delata... nos aprema e nos perde... 
 
tentaremos rebaixar esa ansia; camiñar pincelada a pincelada, observar e apreciar as cores que se nos ofrecen, traballar duro e consciente nos nosos proxectos... no agora.



 viruka se enamorou deste pan de dalí! e atreveuse con el!


carlota pintou escaleiras con gato,


lino chalanas...

pili c. os cabaliños da súa aldea



carmen traballa duro nesta divertida alacena




iñigo enamorado das big cities""

manolo creou este espido

ángela de novo ataca cas princesas de rebecca dautremer
 http://www.rebeccadautremer.com/biblio/article/id/0/image/1
http://galea-monde.blogspot.com.es/


e algúns posados máis... xa de remate... porque non é seguro que de tempo a organizar máis quedadas de posado...