xoves, 26 de novembro de 2015

retrato oculto, Lucía


 
Aproveitando a visita de Lucía ReciclArte, pedinlle que me acompañara á clase do sábado e que fora a miña cómplice nun experimento, que pensei divertido para a rapazada. Axiña entraron todxs no xogo e empezaron a debuxar!

Antes falamos dalgunhas imaxes inspiradoras, retratos onde se nos mostran persoas en distintas poses e contextos que nos dan pistas sobre a posible personalidade dos retratadxs... vemos como as pintoras e pintores tratan de mostrarnos o que ven, coñecen ou imaxinan do interior da personaxe que posa.







Lucía permanece oculta nun recuncho (agradecer a Lucía a súa complicidade co asunto ;) e a través de preguntas podemos ir facéndonos unha idea de como é; tanto físicamente como dos seus intereses e gustos... e coñecela así un pouco máis. Facemos así o seu retrato sen vela, só escoitando as respostas ás nosas preguntas :)
A experiencia foi moi moi enriquecedora en moitas dimensións e a idea é repetila aproveitando a complicidade de amigas e amigos que estén dispostas a expoñerse ás preguntas e curiosidade das pintoras e pintores do taller ... "búscanse modelos ocultos"











Agora podedes facervos unha idea de como é Lucía ;)  a partir dos retratos feitos:


Lucía "vista" por Xiana, Jimena, Lucas, Sara e Gabi






Xa vos imaxinades-coñecedes a Lucía??

martes, 24 de novembro de 2015

obradoiro de reciclaxe de papel ReciclArte


O sábado 21 de novembro tivemos ocasión de aprender a reciclar papel, foi gracias á visita de Lucía ReciclArte que nos amosou como recuperando papeis vellos, xornais por exemplo, podemos facer papeis artesanais sinxelos e fermosos e/ou máis persoais engadíndolles fotos, follas secas, fíos... ou o que se nos ocorra.

Formamos un pequeno grupo de adultos e nenxs, onde todxs tivemos oportunidade de facer os nosos papeis, xa que é un proceso sinxelo e divertido; sobre todo a parte creativa e o misterio do resultado que non descubriremos ata que seque totalmente o papel.

Aquí van algunhas imaxes do proceso de realización do papel e algúns dos papeis xa secos e listos para usar! 





 pasta de papel de distintas cores esperando para ser empregada


 aquí engadindo distintos elementos á pasta de papel







secadeiro de papeis ...

e papeis listos e secos!! mirade que orixinais ;)








con estes papeis pódense facer orixinais sobres, cadernos, cartas de amor, listas de desexos... o que se che ocorra!! :) ;)






 

domingo, 22 de novembro de 2015

mirando pola fiestra...2


De novo a voltas co cadro de Dalí “muchacha mirando por la ventana” pero desta volta o empregamos para buscar unha imaxe (paisaxe, idea, persoa, ...) que nos leve a un territorio de tranquilidade... ou de aquelo que pensamos está sentindo a moza que mira... facemos asi un exercicio máis sinxelo pero cheo de posibilidades ;)

Aquí cada unha-un atopou imaxes ben diferentes; seguro que vos gustan tanto como a min! Aí vos van:


interesantes collages de Carlota, Gabi, Jimena, Lucas, Lucía, Angel, Sara e Xiana:
 













luns, 16 de novembro de 2015

exposición de ReciclArte no Fórum Metropolitano

Estos días estaremos o proxecto ReciclArte e o tallerdepolo no hall do Fórum Metropolitano, con unha pequena expo explicativa do proceso de manufactura do papel, asi como algunhas ilustracións orixinais feitas para os caderniños de ReciclArte. Se vos cadra estar cerca pasádevos a vela!!! 

E con motivo da expo Lucía ReciclArte achegarase o sábado 21 de novembro ao taller a ofrecernos un obradoiro para aprender a facer papel reciclado. 
Apuntádevos se vos presta!!!






domingo, 15 de novembro de 2015

recolleita de texturas ao aire libre


De novo saímos á recolleita de texturas; dado que, sorprendentemente, o tempo anima a saír á rúa imos aproveitar e facer unha escapada ao exterior! Teño ánimos de facelo porque confío neste grupo de rapazada, sospeito que se centrarán nesta busca e non se xerarán situacións tensas ou de risco. É unha responsabilidade grande, pero tamén debemos tomar e facer noso este espazo que nos rodea, un espazo público de todxs, que debería ser amable e receptivo ao seu uso por tódolxs habitantes da cidade.

 
Saímos cargados cunhas esponxas que recollen moi ben as formas unha vez que fas presión sobre elas ... falo dese material que se emprega moito para os arranxos florais.


 






 



A idea é pasar un rato ao sol, tomar o espazo público traballando, coñecer un material novo, fixarse no que nos rodea (materias, formas, entrantes e saíntes, texturas,...) fixarse nos elementos-útiles urbanos ... por iso faremos tamén un debuxo do recuncho onde atopamos a textura máis chula, a que mellor quedou na esponxa...








 
Logo xa no taller empregamos esas esponxas como base para facer unhas impresións e ver como se transforman de novo; observar o xogo entre os ocos e os saíntes e ir introducíndonos sutilmente no gravado, que traballaremos máis adiante.


 
e aí vai un exercicio máis... unha nova ocasión para a aprendizaxe e a convivencia... difíciles ámbalas dúas nesta sociedade dura, que nos atrapa e nos complica, que entre todxs construímos.