martes, 29 de decembro de 2015

visita dxs artistas máis novxs ao "taller aberto"

Pois aproveitamos e conectamos os contextos: xa que temos o “taller aberto” cunha mostra de traballos de artistas e artesáns do barrio e da cidade,  imos mostrar eses traballos ao grupo de rapaces que están aprendendo artes en Crispe, noutro contexto do barrio...

Imos ver (e tocar e debuxar) obras de artistas que son achegados, que podemos chegar a coñecer nalgún momento: nun contexto diferente aos máis formais -como o museo ou a galería de arte- ou máis informais; como o propio taller no momento de traballo, ou cafeterías e espazos de hostalería...  trátase de achegarnos ás obras e a xs seus creadores dende o respecto,  o coñecemento e a proximidade. Podendo dialogar sobre as diferentes maneiras de traballo, materiais e ferramentas así como estilos ou filosofías de vida ... 





Tamén trouxemos as nosas obras para incorporalas entre os traballos d@s artistas da exposición e formar nós tamén parte desta. Iso si, ao marchar quixeron levalas de volta! Aprecian tanto o seu traballo que o queren mostrar  e ter na casa dispoñible ;)






Debuxamos, falamos, comemos, descansamos, ... da tempo a moito ... unha aventura moi fermosa ésta.











Obras dxs artistas Sara, Gabi, Xiana, Lucas, Tania, Jimena, Claudia, Antía, Candela...

luns, 14 de decembro de 2015

exposicións en decembro!

este decembro ven cheo de oportunidades para expoñer arte ;) no propio tallerdepolo distintxs artistas e artesáns do barrio, da cidade, mostrarán algunhas das súas obras. 
Xs artistas Benito Freire,Daniel Remeseiro, José Méndez, By Monty, Manchea, Gabi Carrera, Carlos Botana, Vicente Roura, Chelo Facal(aínda sen confirmar), Polo... e os artesáns Adan Crispe, Atelier Efímero e ReciclArte... espero non esquecer a ninguén...
estades invitadxs a pasarvos!!! 






tamén en Monte Alto outro taller aberto; 
 outro espazo interesante para visitar e coñecer máis en profundidade a nosa cidade... a través do arte que se fai nela.




E nun espazo máis formal e xa pensado para a exposición de arte continua estes días a exposición 26-4-37 Franco destruye Guernica, dezaoito miradas sobre un triste-desafortunado momento do pasado, reflexado e saneado a través da escultura, pintura, instalación, performance....: 


 



Non quero deixar de mencionar a unha artista en ciernes, que busca o seu lugar teimudamente e vive a experiencia da súa primeira exposición Pilar Cristobo, nun lugar tan fermoso como o Castelo de Maceda... se viaxades por esas terras ide a vela!!






http://benitofreire.com/CONTACTO
 http://www.danielremeseiro.es/
  https://manchea.wordpress.com/
  http://www.arteinformado.com/guia/f/gabriel-carrera-gabi-27464
 http://carlosbotana.blogspot.com.es/
 http://vicenteroura.blogspot.com.es/
 http://www.paxinasgalegas.es/sementa-423163em.html
https://www.facebook.com/pages/Crispe/564038093716753
https://www.facebook.com/atelierefimero
https://www.facebook.com/Pilar-Cristobo-1659385194304833/?ref=profile




domingo, 13 de decembro de 2015

retrato conxunto

a os poucos imos traballando co corpo humano... esta vez mirándonos moito para facer cada unha/un un retrato que sexa a suma de todas nos ;)

Imos rotando por parellas e debuxando ollos, boca, nariz... daquela persoa que nos tocou enfronte... fixándonos moito nela; como son os seus ollos, grandes-pequenos, a súa forma, as cellas... 

fixádevos como van saíndo os debuxos... ademais é divertido debuxarnos entre nos ;) a ver se atopades o meu naris nalgún deles...

















ao darlle cor e empregar o pincel pérdense moitos detalles... co tempo e maior habilidade técnica e manual poderán ser máis precisos, pero agora mesmo son artistas marabillosxs !!








sábado, 5 de decembro de 2015

acuarelas: novas creacións para o nadal!!

a faceta de acuarelista segue presente; é unha técnica limpa, aparentemente sinxela, fácil de poñer en marcha e que engancha... e como cada nadal, xunto co turrón;  volta ao taller!

en forma de pequenas acuarelas preparadas para aportar unha dose de paisaxe galego (ou non) dende unha mirada curiosa chea de liñas (cables, farolas...), texturas (paredes e desconchóns...) ... ... e todos eses elementos plásticos fáciles de atopar ao noso redor ;)







compártovos tamén o proceso desta acuarela encargada para a lembranza de toda unha carreira profesional!






e aqui rematada e lista para entregar e enmarcar!!
 


mércores, 2 de decembro de 2015

despedida da expo no Forum Metropolitano

esta fin de semana recollimos a expo de ReciclArte e tallerdepolo do hall do centro de servicios integrados Forum Metropolitano , na Coruña. Un placer ter os nosos traballos expostos nun lugar tan concurrido e onde se organizan cantidade de actividades do mais diverso e interesante.
Aproveitamos para mostrar de maneira sinxela como facer papel reciclado, a filosofía do proxecto ReciclArte e algunhas ilustracións orixinais de tallerdepolo.

Agradecer ao personal do Forum a súa amabilidade e, as persoas visitantes a súa curiosidade e fermosos comentarios sobre a expo. Quedamos moi satisfeitas da experiencia ;))  e desexamos repetir en máis recunchos de Galiza.