xoves, 22 de setembro de 2016

En outubro empezamos o curso!


No tallerdepolo poderás traballar e acadar eses obxectivos artísticos ou de desenvolvemento persoal a través das artes, que hai tempo tes ganas de sacar á luz. Pois agora tes a oportunidade de facer un traballo semanal (ou concretalo nun período de tempo á túa medida). Poderás iniciarte (ou mellorar) nas distintas técnicas artísticas, para desfrutalas ou empregalas como ferramenta para chegar a novos camiños...

Temos grupos semanais de óleo e pintura para adultos os martes, mércores e xoves; explora todo ese potencial artístico que levas dentro! Embárcate nun proxecto de aprendizaxe propio e a medida dos teus obxectivos. Ou déixate levar por distintas propostas e exercicios mesturando a aprendizaxe e o lúdico, descubrindo os teus camiños a través da linguaxe plástica.
 
Para a infancia, coñeceremos a linguaxe plástica a través de exercicios que nos vinculen coa Historia da Arte, coa estética, a vida, a cidade... entender o contexto artístico e desenvolver as nosas capacidades para crear e percibir arte. Isto será os sábados pola mañá, nun grupo só para a infancia ou os venres á tarde nun grupo aberto á participación de maiores con espírito novo ;)
 





luns, 5 de setembro de 2016

ainda non te anotaches a clases de pintura???

no tallerdepolo podes explorar distintas técnicas e investigar e mellorar as túas habilidades artísticas ... esas que tes gardadas e non te atreves a sacar á luz.


Aprender a pintar ao óleo pódenos proporcionar grande satisfacción ao ir vendo como avanza o noso traballo, o traballo diario rende e ensínanos a ser teimudos co noso obxectivo: acadar o resultado que queremos a base de traballo duro!! Apréndenos o óleo a ter paciencia, a levar calma ao cadro e ás nosas vidas... podemos ser perfeccionistas e tamén arranxar cousas sobre a marcha... permítenos explorar distintas maneiras de pintar e é sempre moi agradecido!!!


 óleos do alumnado do tallerdepolo



 
O acrílico é máis inmediato, rápido na execución e bo para os experimentos ... déixanos levar as nosas emocións de maneira inmediata ao lenzo... aínda que tamén se pode empregar como o óleo e afinar cada detalle ao máximo.

diferentes acrílicos de nenxs e de adultos


 
O collage é bo para xogar e experimentar... podes traballar coa razón (coa cabeza) e divertirte co imprevisto, coas sorpresas que te poñen en apuros... é bo para investigar e profundar nunha idea, nun concepto que queiras traballar dende diversos ángulos... mestura o azar, a concentración, investigación, ... sorpresa... xogo!!


 diferentes collages de nenxs e adultos do tallerdepolo



A acuarela é moi delicada pero tamén ten esa parte de erro asumido; ese descontrol que entra a formar parte da obra final... ese deixarse levar ... porque non podemos controlalo todo , non si?




 
E hai moitas outras posibilidades nun taller de plástica, moitos xogos coas ideas e coas mans... coas cores, texturas, formas... cxs compañeiros de espazo.... coa cidade e coa vida ;) ...


no blog do tallerdepolo podes ir vendo distintas propostas ao longo do curso
 

... como ver/ou facer exposicións xunt@s , coñecer lugares, cidades, persoas, artistas, espazos novedosos, espazos de arte,...

 

se che pica a curiosidade e sentes que tes unha materia pendente coas artes, co debuxo , coa pintura... este é o momento de probar e o tallerdepolo pode ser o lugar ;)        aaaaapúntate!!!