xoves, 22 de setembro de 2016

En outubro empezamos o curso!


No tallerdepolo poderás traballar e acadar eses obxectivos artísticos ou de desenvolvemento persoal a través das artes, que hai tempo tes ganas de sacar á luz. Pois agora tes a oportunidade de facer un traballo semanal (ou concretalo nun período de tempo á túa medida). Poderás iniciarte (ou mellorar) nas distintas técnicas artísticas, para desfrutalas ou empregalas como ferramenta para chegar a novos camiños...

Temos grupos semanais de óleo e pintura para adultos os martes, mércores e xoves; explora todo ese potencial artístico que levas dentro! Embárcate nun proxecto de aprendizaxe propio e a medida dos teus obxectivos. Ou déixate levar por distintas propostas e exercicios mesturando a aprendizaxe e o lúdico, descubrindo os teus camiños a través da linguaxe plástica.
 
Para a infancia, coñeceremos a linguaxe plástica a través de exercicios que nos vinculen coa Historia da Arte, coa estética, a vida, a cidade... entender o contexto artístico e desenvolver as nosas capacidades para crear e percibir arte. Isto será os sábados pola mañá, nun grupo só para a infancia ou os venres á tarde nun grupo aberto á participación de maiores con espírito novo ;)