luns, 27 de febreiro de 2017

mais febreiro 2017













Antón experimenta libre...




todxs debuxamos moito estes dias... pronto saberedes o por que=
que estaremos argallando??? :))






Antón debuxa "las lágrimas de la pereza" :)




Angel debuxa un coche circulando....






Sonsoles empeza a busca de texturas...






e o bo tempo permítenos saídas... como á fundación seoane e a pescar os peixes que hai moi cerquiña...












despedímonos de febreiro co entroido... e recibimos marzo coa ilusión de moito por debuxar e tanto por aprender ;)






martes, 21 de febreiro de 2017

intimo acontecer dos dias...



Este blogue é un espazo para mostrar os nosos traballos e actividades máis hai un montón de novas e cousas que contar no día a día do taller... pero van quedando na intimidade da semana, no intimo acontecer dos días das vidas... algunhas son novas moi tristes, outras curiosidades ou ledicias e sorpresas do ir medrando. Compártense na esfera do ti a ti; no “modo presencial” do cotiá... algúns dos nosos traballos saen ao mundo a través desta fiestra máxica, que aproveitamos para achegarnos a vós e intercambiar tamén no “modo virtual” parte do noso facer e ser... ;)




buscar o xeito de empezar... un camiño máis que tomar...temos moito por facer ;)


as lindas rosas de Gerarda






os valados de polo ;)




a fermosa fiestra de Loly




Victoria sempre pinta mil cores ;) cheos de ledicias






 Fina estará sempre presente , pintando ao noso carón






Manolo pintando beizos! :) 




a rosa-abano de Pili G.V.! :)






luns, 13 de febreiro de 2017

xaneiro debuxando!













estas son gambas! do artista Angel




mostra de debuxos feitos ao longo do mes... inspirámonos en Seoane e na importancia da liña na nosa composición... veredes:






Casilda practicando debuxo







debuxando risas... ;)))




 debuxo-colaxe de Antón






granxa de Angel








Gabi debuxando o sol ;)













xoves, 2 de febreiro de 2017

café-conversa "ser muller artista-creadora-mestra"= o acontecido



A asistencia foi numerosa e diversa, contando con talleres e profesionais da cidade como o taller “Escola de Cerámica Terralume”, o proxecto educativo-artístico-transformador Ffotoeduca con Mariola Mourelo, o novo e interesante taller de artes Plano Pementa, a artista e educadora  Anxela Blanco, ... ceramistas, artesáns,restauradoras, fotógrafas, proxectos educativos para xs máis pequenas( Nai de Día), teatro, pintura, ... unha variada representación do territorio creativo da cidade, que tivemos oportunidade de coñecernos, falar, intercambiar ... e deixar aberta a posibilidade de novas interaccións.



Entre todxs as participantes abordamos a dualidade do ensino das artes á par do desenvolvemento dunha labor creadora/artística, comentando a dificultade que pode significar compaxinar ámbalas dúas... pero xurdiu tamén a voz que nos instou a unha reflexión sobre o feito de ser artista e a maneira de ser mestra... pedindo a creación de novos paradigmas que non so aglutinen esta dualidade senón que xeren algo novo e rico que potencie os dous camiños.... quizás esa revisión sobre as maneiras en que enfrontamos como mulleres-artistas-mestras a nosa profesión poderíanos levar a un novo territorio de traballo e crecemento artístico e educativo aínda non cuberto....

Falamos tamén do término mansplaining: que entendemos comoun home explícache algo que ti coñeces moi ben, ou algo que incluso ti tes creado” e situacións nas que vivimos algo similar.... deuse o caso que case todas as mulleres presentes tivemos experiencias deste tipo, algunhas aínda non problematizadas como unha cuestión machista... ao poñerlle nome e concretala e definila fomos capaces de encontrala nas nosas experiencias profesionais, así como profes de adultos ... o mais potente/curioso foi vivila no mesmo contexto desta charla. A complicidade entre mulleres xurde entón; o sentido do humor e a paciencia... pero desta volta xurdiu o enmarcar o momento e poñer nome e forma a ese mansplainig, moitas veces inconsciente... pero presente. Foi un momento moi bonito e intenso enmarcar ese feito e esa necesidade masculina de poñer voz á muller, ás mulleres... a súa creación, ao seu sentir....

Moitas gracias ás artistas e proxectos educativos implicados e cómplices nesta aventura! Graciñas mil!