domingo, 5 de marzo de 2017

propoñendo e preparando FANZINE 2017




A verdade é que nos gustan moito os cómics ... conste que os miramos con gusto e tamén con ollo crítico (máis dos nosos tempos, sobre todo ós clásicos)
Propoñémonos sacar adiante un fanzine sumando os traballos do alumnado máis novo; e invitando tamén a outras persoas que  o desexen, a colaborar neste ilusionante proxecto.

Con este proxecto a rapazada vai traballar a varios niveis; coa narración, a creación de personaxes, a creación dunha historia, as palabras ou a expresión das personaxes, o deseño das distintas viñetas que den vida á historia, distintos planos e puntos de vista, o corpo e o movemento, o movemento dos protagonistas, xestos, ambiente ou escenarios, substituír a cor por branco e negro,… e tamén ir pensando de maneira grupal o titulo do fanzine, distribución, público, prezo, financiamento, colaboracións...e, por suposto, en que imos investir de maneira conxunta os cartos que gañemos (excursión pola cidade, saída ó cine xuntxs, festa de celebración, …) varias dimensións a ter en conta en distintas sesións de traballo ao longo de un trimestre aproximadamente, podéndose compaxinar con outros exercicios plásticos (no caso de desexar un cambio).

Aproveitamos, por suposto para achegarnos a diferentes cómics e tamén ilustradores, diferentes maneiras de afrontar as personaxes e as historias… e sobre todo, ver as posibilidades que nos ofrece esta ferramenta para as nosas vidas, para proxectar desexos, ilusións, frustracións… o que queiramos… modelando historias sen fin…




sabemos que é un traballo complexo de tenacidade e resistencia... pero estamos neso; traballando cada semana para acadar este proceso creativo conxunto, que nos ilusiona porque; qué pode ser máis emocionante que construir? que crear? e crear de maneira conxunta?

si queres colaborar-participar dalgún xeito contacta en tallerdepolo@hotmail.com, ... ou pasade polos Castros... aqui vos esperamos!