xoves, 20 de abril de 2017

propoñemosvos: obradoiro para aprender a facer papel reciclado


Bos días artistas!


o tallerdepolo compracese en compartirvos un taller especial da man de Lucia Medina ,ReciclArte, no que teremos oportunidade de facer papeis artesanais e super persoais reciclando papeis que cumpriron un ciclo vital e agora comezan unha nova vida chea de creatividade e imaxinación…

O taller realizarase, se non hai imprevistos e acadamos un cuorum mínimo, o sabado seis de maio, dende as cinco ata as oito aproximadamente. Con un pequeno descanso, con ritmo tranquilo e divertíndonos co proceso aprenderemos que e a pulpa de papel, como facela, como se poden conseguir distintos tipos de papel, … e faremos persoais e divertidos papeis para nos, mesturando elementos da natureza, elementos atopados, etc. Lucia nos acompañará nun ilusiónante proceso de aprendizaxe que podemos compartir persoas de idades ben distintas, a partir de seis anos, con un limite de prazas para que a experiencia resulte o mellor posible. O custe da actividade e de 15 euros por participante, materiais incluídos.

Anótate e reserva a túa praza a través do correo tallerdepolo@hotmail.com
ou no tlf. 617293024 ou pásate por Monte das Moas,17-baixo, Os Castros, A Coruña.