domingo, 21 de maio de 2017

TECER HISTORIAS, vinculando barrios a través da arte






As artistas coruñesas Angeles D. Seoane, Nuria Mosqueira (taller de Arte Plano Pementa) e Polo (tallerdepolo) propoñen a conexión de dous barrios da cidade a través das artes. O 17 de Maio ao longo da tarde realizamos unha acción artística na que se implicou e animou a participar aos habitantes dos barrios de Os Castros e Catro Camiños, recollendo pedazos das historias das súas vidas pra que deran froito nas catro árbores que conformaron un circuito entre ámbolos dous barrios.
A partir das cinco da tarde e ata as oito da noite propuxemos ás persoas que se quixeran achegar a estas árbores, conectarse a través das artes coa veciñanza e co barrio. Realizamos un circuito de barrio a barrio recollendo textos, anacos de historias e creando as participantes outras novas.


Os talleres Plano Pementa e tallerdepolo, propuxemos así unha posta en valor das artes e das capacidades creativas dos habitantes da Coruña, dinamizando os barrios e poñéndoos en relación. Todo isto nun día tan importante como é o Dia das Letras Galegas, ensalzando a literatura e a lingua, vehiculos de entendemento e construcción cultural.

Graciñas por participar, por compartir tempo, ilusión e vida... un pracer compartir iniciativa con Plano Pementa, un espazo moi recomendable e necesario na cidade.

























































 fotos de Plano Pementa:








 
INSTRUCCIONS

Pensa na túa vida. A túa vida é unha historia, conformada de distintos momentos e anécdotas con posibles comezos e posibles finais…

Toma unha cartolina e escribe o comezo, ou un dos comezos, da historia que é a túa vida.

Escribe só o comezo, deixa que outras arbores continúen a historia...
Unha vez escrito so tes que deixala colgada da Arbore dos Comezos, e formará parte dunha nova historia.

Lembrarche que hai unha Arbore dos Comezos(Os Castros), unha Arbore dos Finais (Fernandez Latorre) e dúas Arbores das Historias (Fábrica de Tabacos e comezo da Gaiteira).
Podes facer o percorrido tecendo novas historias, a partir das sete da tarde podes ir recollendo os anacos de comezo/historia/historia e final conformando así unha nova aventura.




http://www.planopementa.com/
https://www.facebook.com/planopementa/?fref=ts
https://www.facebook.com/taller.depolo