domingo, 25 de xuño de 2017

rematando un xuño cheo de enerxia!


Pois de novo resumo do vivido estas últimas semanas... tan movidas elas :)
tódolos cursos repetimos os ciclos de rigor; ciclos vinculados aos ritmos dos días festivos, do cole, das estacións,... este ano non se libra e, como é habitual nestas datas moito lío, traballos extras e cousas por preparar e definir para o próximo curso... aquí vos deixo imaxes do vivido ultimamente:


 traballos de Naiara, Lucía, Paula, Sara, Martin, Xoel,Antón,Angel, ... quedan moitos por mostrar... xa irán chegando a este blog...







 experimentos e aprendizaxes varios...


 mans de Lucía, Paula, Martín, Marina, Xoel, Tania, Antón...


carteis de horta fabulosos de Xoel e Martín!!


E seguiremos en Xullo, lembrade "veran é arte" e obradoiros na Asociación Veciñal!!  animádevos a participar !!   :)










sábado, 24 de xuño de 2017

Chegando ao final do curso de óleo 2016-2017...



Un pequeno resumen en imaxes destas semanas pasadas, xa que este blog está pasando por un momento de readaptación e o tempo ás veces non da para actualizalo como sería bo... como vedes “segue en obras”... pero nos permite coñecer os últimos traballos saídos dos nosos pinceis:


bosque de Pilar Cristobo e Tintín e Compostela de Ana

 nova menina de Viruka
 osiño de Sara

 formigas pintadas por Pam!

 sementes voadoras pintadas por Mari Carmen V.

 investigación de cores de Jose

 Carlota remodelando a Torre de Hercules

Gerarda pintando a lúa

 Ela de novo, lembrando a casa familiar

 Pilar Cristobo pintando horizontes de luz
 Axeitos mirándose no autorretrato



Xa chegando á recta final deste curso 2016-2017 no que pasamos por moitas aventuras e moitas pinceladas... seguimos en Xullo coas clases de óleo e as aventuras de “verán é arte” ...  e a partir de setembro novos momentos por-para crear  :)









xoves, 22 de xuño de 2017

Obradoiros na Asociación Veciñal



Unha oportunidade para achegarse as artes plásticas dende a colaboración coa Asoc. Veciñal de Oza- Gaiteira-Os Castros, que desexan xerar novas dinámicas e actividades no barrio... este é o momento de probar novos talleres dinamizando o barrio... apúntate!!! 

O día 4 de Xullo oportunidade para achegarse á plástica dende distintas idades, unha experiencia para compartir avós e netxs, tutores e peques, tias e sobriños, sobriñas e tios, madriñas e afilladas, amigxs e fillxs,... unha mestura para experimentar...

O día 11 de Xullo é o momento para perdelo medo ao debuxo e á pintura e achegarse ao "mundo-garabato"  perdela vergoña e botar unhas liñas ;)
para idades máis grandiñas porque de pequenxs non temos medo á liña, ás cores... aínda somos máis libres ;)

O día 18 de Xullo taller indicado para esa transición de idade onde empezamos a sentirnos grandes e definimos liñas de identidade... e para adultxs que queiran revisar o EU, escaneo a través das artes plásticas. ;)