domingo, 9 de xullo de 2017

fanzine Pequeno Mundo


Despois de varias voltas e de varios nomes posibles o noso primeiro fanzine chámase “Pequeno Mundo”, un pequeno mundo creado polo alumnado máis novo do tallerdepolo. Sentíndome fachendosa dun traballo moi fermoso , resultado do esforzo de varias persoas ao longo de pouco mais de tres meses. Investigando sobre o cómic, ideando posibles historias ,como organizalas e darlles forma,debuxando as historias, buscando nome para o fanzine, mirando como podería divulgalo cada participante, que prezo sería o mais axeitado,... ser conscientes do traballo feito e poñelo en valor. 





 

 -podedes mercar o voso Pequeno Mundo en Crispe,Sementa, Mab ou no tallerdepolo-

 

Unha aprendizaxe que seguro levarán consigo moito tempo, unha experiencia que queremos compartir con vós a través deste Pequeno Mundo que aínda nos dará moitas aprendizaxes.... porque queremos destinar o recadado coa venta deste fanzine a seguir formándonos, de maneira lúdica e divertida a través de obradoiros ou experiencias que nos aporten contidos, vivencias, novos aprendizaxes... si, estamos buscando mais formación nun formato lúdico que integre persoas de cinco anos de idade a infinito, estariamos moi contentos de recibir a túa proposta!!

  
 

Este proxecto se conforma por todo o alumnado do tallerdepolo que fai posible que sigamos traballando no barrio de Os Castros, especialmente polo alumnado dos venres e sábados (algunhas/algúns deles non puideron rematar a súa creación para este primeiro fanzine pero, sabedes? Teremos moitos outros proxectos por diante... e espero vervos aí) 
Agradecer especialmente a Carlota Ramudo a súa creatividade, paciencia e implicación neste proxecto e tantos do tallerdepolo, sen ela estariamos moi aburridos, seguro, e construiriamos moitas menos historias... gracias Carlota.



 
E agradecer tamén as lindas colaboracións para o fanzine dos artistas Patricia Saavedra e Carlos Botana.

Ademais contamos con outras colaboracións e axudas de artistas como Pilar Cristobo e Adelino S. Ageitos e empresas cercanas cómplices das artes , Crispe(marcos y molduras), Sementa (flores plantas y jardines), Mab(libros, juegos educativos), Anxela (peluqueria, estética y formación) y Copymar (centro de impresión), moitas gracias por apoiar o traballo creativo deste fermoso grupo de artistas.


http://patriciasaavedraart.blogspot.com.es/
http://carlosbotana.blogspot.com.es/
http://pilarcristobo.es/
https://www.facebook.com/CrispeDecoracion/
http://www.tiendamab.com/
https://www.facebook.com/Sementa-1200555296624227/
https://www.paxinasgalegas.es/copy-mar-68967em.html