venres, 27 de outubro de 2017

Sonia Delaunay no barrio de Os Castros


O museo Thyssen acaba de adicar unha exposición a Sonia Delaunay titulada Arte, Deseño e Moda. Nós estamos este trimestre explorando as distintas canles e linguaxes da arte polo que esa aproximación ao deseño e a moda veunos da man desta artista polifacética.

Como veredes achegámonos de distintas maneiras segundo a personalidade e gustos de cada un/unha, houbo reflexións sobre o feito de vestirse, a arte e a vestimenta, ... e mellor o vedes en imaxes ;) 





Paula deseña roupa (con papel) para a boneca, engade “porque le gusta vestirse” “de su imaginación” prepara o escenario e toma a sua fotografía




Tania deseña roupa para a boneca, engade “porque así me siento guapa” “lo diseñé yoprepara o escenario e toma a sua fotografía

Dani emprega o carboncillo e cores para o seu deseño


 
Xoel imaxina un personaxe pensando que pode poñerse 
 


Cloe enche de cores o seu deseño 
 

 Anton propon o xogo e o disfraz

 Carlota fai a sua proposta revisando os pudores

 Inés crea o seu desenho con collage

mércores, 18 de outubro de 2017

somos cientificos na busca de cores


Empregando as froitas e verduras do outono facemos unha análise de cores de cada peza, pero non pensándonos como artistas : desta volta somos científicos na busca da diversidade de cores agochadas na natureza. Descubrir tamén como a pintora/pintor/deseñadora ... re-interpreta o mundo e o comparte asi; dende o seu mirar... e cando miramos un cadro podemos ver esa-unha mirada particular sobre o mundo.



 

Antón explorador ...
 


Carlota científica da pataca
 




Cloe e Martín investigadores de primeira... 
 


Dani, Alan e Xoel analizan tomate, abacate e pera minuciosa e deliciosamente...




queridxs investigadores do mundo forza e ilusión que hai moito por soñar :)

luns, 16 de outubro de 2017

Globos


Chamámoslle Globos(bocadillos de cómic) a este exercicio ...

A través das emocións que iran descritas nos Globos (en modo palabra ou modo debuxo, mestura...) nace a postura, o movemento do corpo, o xesto. Movemento que fica estático para dar lugar á fotografía, mediante unha polaroid que nos permite ver un resultado inmediato.

Asi nace un dialogo entre o verbal, debuxo, fotográfico, escénico, corporal-xestual, emocional... imaxino ducias de variables a partir de aquí, podendo traballar outras tantas ducias de cousiñas(do que nos rodea no barrio, escenografías , performance, fotografía, cómic, ... 








Unha tristeza grande faise presente estes días en Galicia, en forma de nube gris orfa de auga. Soñamos auga e soñamos uns habitantes do territorio capaces de aprender a amalo e defendelo.


xoves, 5 de outubro de 2017

Bye bye setembro!



Tivemos este mes a marabillosa visita de Blanca, que nos deixou entrever a sua persoal ollada sobre o mundo.... segurxs de que volveremos a vela pronto polo taller. 


Seguimos a voltas cos tres peixes que se atopan... e que son máis ou menos conscientes de onde están:  onde nadan... nós revisando esa consciencia semana a semana... E ademais, creando xuntxs unha deusa/ser que contén tódalas artes e tódolos saberes, creamos anaquinhos que unimos e repasamos as artes que coñecemos, artistas, técnicas... o que podamos/queramos poñer en relación con este ser máxico.


                                                                    Carlota e a auga


                                                                    Paula e  a auga


                                                                   Tani e a auga 



 sobre a deusa:  condensa as artes e os saberes e nos representa...




Lola e Sandra ocupanse dos brazos...

 Lucho e Cloe das mans, múltiples e variadas...
 Angel e Xoel tenhen a importante tarefa de dar forma aos pes, deciden pintalos con barro... terra


Dani decide crear o pelo... denso e complexo, como raíces do cerebro :) 
Anton e Alan traballan na mirada ... inacabada queda ese ser deusa; como todxs nós en proceso constante de construción




martes, 3 de outubro de 2017

a modo que che hai moito camiño por diante...




pois a modiño imos comenzando camiño ...  nun recorrido que se presenta cheo de interesantes recunchos e oportunidades... como tódolos cursos: moito por pintar, moito por aprender... e moito por compartir con compañeiras e compañeiros diversos, distintos nas maneiras de entender este mundo; aprendices os uns dos outros/das outras.

O abacate como aprendizaxe de sombras, volúmenes, cor... un dos primeiros cadros de Natalia
 ( oleo en proceso) 


Pam traballando duro... sorpresas  :)


 os bodegons de Pilar C. , en proceso ... case están


Tamén, para empezar o curso, estivemos en Pontevedra, colaborando xunto con Candela Rajal no proxecto de educación e artes Plano Pementa, ofrecendo un obradoiro para a xente máis nova: ilustrando e creando contos. 










 A Pontevedra pensando voltar pronto ... :)  xa contaremos, claro que si.
 
"La larga istoria" está por escribir e nós somos actores e, por suposto, guionistas e deseñadores da acción (polo menos da parte que dependa de nós)