martes, 5 de decembro de 2017

A nosa experiencia na Culturgal 2017. PARTE I


Como sabedes a fin de semana pasada estivemos na Culturgal, levamos un stand á décima edición da feira da cultura galega, e ali fixemos micro-talleres durante os tres días de feira. A nosa primeira toma de contacto foi moi positiva; un ambiente moi acolledor e interesante nos contidos, compañeirxs expositores afines con proxectos que buscan enriquecer e sumar neste territorio Galicia+cultura. Unha organización moi boa e un público preocupado polo alimento mais complexo; o que nos da sentido como humanos. 

Algunhas imaxes do noso stand, feito en equipo polo alumnado mais novo e que resultou moi exitoso: gustou moito e chamou a atención do publico visitante ! 







O venres ofreciamos un micro-taller titulado ApeixeriaBotana na que, a partir da obra do pintor do mar Carlos Botana, creabamos as nosas pezas de peixes e seres mariños ao estilo Botana

 http://carlosbotana.blogspot.com.es/










E o sábado un micro-taller de Gyotaku, que causou moita expectación e axiña rematamos co material que levabamos : ) 








O próximo 15 de Decembro ofreceremos un obradoiro de Gyotaku no marco de Nocturnia, unha alternativa de ocio nocturno que leva anos programándose dende o Concello de A Coruña. Estade atentxs e anot'adevos!  



e o domingo tamén tivemos micro-taller: será o próximo que vos contemos no blog ;)