xoves, 15 de marzo de 2018

Achegándonos á cerámica, no taller Terralume


Lembrades o noso fanzine Pequeno Mundo? Pois o traballo feito polo alumnado máis novo, a súa divulgación e venda en diferentes eventos como a estupenda feira coruñesa de autoedición e banda deseñada Autobán, a Eira das Artes(na Fundacion Seoane) ou a Feira Culturgal, en Pontevedra, deunos a posibilidade de facer un achegamento á cerámica no taller Terralume. Gracias ao recadado polo noso fanzine, co traballo e esforzo do alumnado creador, deseñador, debuxante ... e vendedor, vivimos durante varias xornadas esta experiencia de barro, engobes, arxilas de cores, ... e sabedoría artesán. Só nos queda agora ver esas pezas saídas do forno, ver a maxia da cerámica que transforma o barro e o traballo das nosas mans en pezas únicas cheas de ledicia.
 

 



Coa compaña de Susana e Carlos, medramos en Terralume como grupo, como persoas e como artistas. A aventura continua coa cocción das pezas, observación dos cambios de cor, textura, son, material, ... e a montaxe das pezas, iso xa será nos Castros, no tallerdepolo.
http://terralume.es/

















 O noso primeiro fanzine, Pequeno Mundo

 


http://terralume.es/

 http://autoban-bd.tumblr.com/
http://culturgal.com/expositores/#