domingo, 13 de maio de 2018

arte na rúa no dia das letras galegas


 
 Un novo dia das letras galegas por celebrar, será o próximo xoves 17 de maio. Nós faremos festa e celebraremos a nosa lingua na rúa, na compaña do taller TocaMadera e da veciñanza que se achegue a participar nos talleres que vos propoñemos. 

 

 

Aproveitando que estamos na rúa , e que estamos no barrio a proposta do tallerdepolo é que realicedes o voso aporte para a convocatoria internacional de arte postal Neighborhood-barrio. Teremos para mostrarvos algunhas das obras recibidas xa, en relación ás dinámicas e construción do barrio/ dos barrios do mundo e poderedes achegarvos ao fascinante mundo da arte postal. 
 

O taller TocaMadera proponnos unha dinámica faino ti mesmo de encadernación súper divertida, coa que sairedes cun fermoso caderno listo para encher dos mellores desexos e debuxos que se vos ocorran. Non vos podedes perder esta ocasión de coñecer de cerca o proxecto e as propostas de artesanía TocaMadera. 
 

Quedades convidados a achegarvos, son obradoiros de balde (ata esgotar o material), abertos a toda a veciñanza e amigxs que queirades compartir este dia de festa no que se lembra a figura dunha muller, dunha mestra unha creadora de historias e moito mais... Peregrina Pérez (Maria Victoria Moreno Márquez).
Esperámosvos de 12 a 14 horas na rúa, enfronte da igrexa do Carme, excepto que o clima o impida faremos barrio con vós ! 


 https://www.instagram.com/tocamaderagalega/
 https://www.facebook.com/tocamaderagalega/