sábado, 30 de xuño de 2018

findecurso dxs peques


Damos por rematado este fermoso curso cunha festa para o grupo de peques, amigxs e familias... un curso cheo de aprendizaxes e aventuras varias.
 
Había una vez dos peces jóvenes que iban nadando y se encontraron por casualidad con un pez más viejo que nadaba en dirección contraria; el pez mas viejo los saludo con la cabeza y les dijo: “ Buenos días, chicos. Como esta el agua?” Los dos peces jóvenes siguieron nadando un trecho; por fin uno de ellos miro al otro y le dijo: “Que demonios es el agua?” David Foster Wallace

 
A partir da cita de David Foster Wallace fomos dando forma a este curso; empregando esta busca de coñecemento como motor e escusa para crear os nosos traballos (pinturas, debuxos, modelados, colaxes, deseños, carteis, textos, fotos, cerámicas, ... buscando a consciencia de eses peixiños , explorando o barrio, os oficios, a nosa auga... e explorando tamén o noso ser, o ser humano e algunhas das súas dimensións. Explorando o planeta coa convocatoria de arte postal Neighborhood/barrio(da man do mailartista Carlos Botana) coa que imos achegándonos a distintos puntos do globo, a distintos artistas e barrios; cando chegan as cartas de arte postal as abrimos e as desfrutamos, investigamos de onde veñen e situamos no mapamundi unha lapela co autor e o barrio/lugar de procedencia. E moitas outras aventuras e exercicios: facer o decorado para a Culturgal, a montaxe da sua exposición(dos seus traballos) para o Taller Aberto no mes de Decembro, visitar lugares do barrio, coidar a fincadonispero, achegarse á cerámica no taller Terralume (gracias ao recadado co seu fanzine PequenoMundo), debuxar con modelo do natural, coñecer a obra en proceso da artista -danza Voo- Ánxela Blanco, aprender a encadernar co taller Tocamadera artesanía, escoitar a historia do libro As mans da terra na voz da escritora Laura Rey, tomar fotos cunha caixa de cartón co fotografo Oscar Gorritz, ... e seguro me queda no tinteiro algunha aventura... 





 
exposición de algúns traballos  do curso


foto de Carlota R.








 

luns, 25 de xuño de 2018

Mestura de Xuño


A enerxía sube e baixa neste mes, difícil escribir e describir as emocións mesturadas que chegan ao taller de rebote das vidas escolares e das expectativas polo final dun curso escolar mais.... mellor falalo con calma cun café, en modo persoafronteapersoa , eu me apunto :)
en imaxes unha mestura de momentos vividos; de caos-de lucidez, de choiva-de sol, de aburrimento-de consciencia, de rutina- de inesperado, ... canto por vivir!






 

 

No inesperado; a saída o sábado 16 a ver a obra en proceso Voo, da man de Ánxela Blanco, na sua experiencia de #residenciaparaiso #colectivorpm . Para nós (Carlota, Tania, Cris, Chelo e polo) foi unha mañá máxica na que achegarse non só á danza senón tamén a un proceso creativo aberto e en marcha, en construción! 
 


 https://anxelablanco.org/

 

O próximo venres xornada final do curso 2017-2018, un curso máxico sen ningunha dubida, aprendendo moito con todxs vos para construír un desexado/necesario espazo de paz, espazo de creación onde poda agromar o mellor de cada unha/un de nós. Pequena celebración e repaso do vivido, conscientes do camiño andado e das moitas corredoiras por andar... seres en construción... continua construción... 






Lembrarvos que aínda temos prazas para o veranearte 2018 , neste mesmo blog tedes mais información sobre os contidos  e calquera dubida escribide a polotallerdepolo@gmail.com ou no tlf. 617293024




 


domingo, 24 de xuño de 2018

findecurso dos maiores


Gran parte do alumnado síntese desexoso de tomalo sol e pasar o día no exterior, desfrutando das persoas queridas, desfrutando do bo tempo, do tempo de vacacións ou na aldea... xa sabedes a que me refiro. O tempo cotiá parece parar no verán para levarnos a territorios de horizontalidade, relacións e charlas, lecturas na praia, ... por iso despedidos este curso xa, sabendo que o retomaremos de novo a mediados de setembro, coas pilas recargadas e listas pra novas aventuras pictóricas!
Para celebrar a nosa aventura neste curso pasado un picoteo de larpeiras e larpeiros acompañado de estupendas notas; curiosamente todo o alumnado obtivo sobresaínte :) tan boas cualificacións son unha invitación a seguir adiante buscando retos cada vez mais complexos ... a seguir pintando! 
 



O noso fotógrafo favorito


 Lino pinta follinhas
 inspirándose na obra de D. Basso 

 Lino, Retrato de familiar 


Maite, obra en proceso

Pily, obra en proceso

Victoria, divertíndose  coa pintura
 Gerarda, descansando de pavo   :)

 Ela, adora Venecia ;)






grupo de larpeirxs pintores despedindo o curso e dando a benvida ao verán! 

Para as/os que non poden parar de pintar seguiremos en Xullo, os mércores pola mañá e pola tarde e para súper intrepidxs:  veranearte para maiores!  boa oportunidade para soltarse e xogar coa pintura ;) 
 


mércores, 13 de xuño de 2018

contidos Verán é Arte 2018


No Verán é Arte eliximos diferentes artistas cos que traballar, coñecéndoas/os, analizando algunha da súas obras e realizando as nosas creacións a partir dos estímulos conceptuais, emocionais, artísticos... que nos provoquen estas. 

 Preparádevos para artistear!!  E temos  Verán é Arte para maiores  
      o.o 
Infórmate no correo polotallerdepolo@gmail.com

  
Aprenderemos técnicas e procesos propios das artes plásticas, a linguaxe artística básica axeitada para idades de seis a doce anos; desenvolvendo os contidos de maneira individual e tamén en grupo, de xeito que nos permita traballar a convivencia entre nós e desenvolver as nosas habilidades persoais. Achegarnos á Historia da Arte, coñecer diferentes artistas e tendencias que nos introduzan na cultura visual propia do noso tempo. Poñeremos de manifesto a sensibilidade artística-estética de cada participante e desenvolveremos as nosas habilidades manuais a través de diferentes técnicas plásticas.

Buscamos o diálogo e o coñecemento mutuo; divertirse coas artes -coa observación e a análise- así como manexando útiles e materiais coas mans. Despertar a atención á cultura visual e a análise estética ao tempo que favorecer o desenvolvemento persoal e social das participantes, así como a súa auto-estima.






Frida Kahlo e Viva la vida como clásico no noso taller, desfrutar do bodegón e imprimirlle todo o optimismo e ledicia de ser e estar. As Meninas tamén estarán presentes en versión clásica e na versión de Y. Morimura, sacándoas do marco/cadro, e xogando a escapar e re-visitar tan coñecido retrato dende novos ángulos. A pintora Judith Godwin levaranos á pintura-expresión, emoción e corpo ao combinarse coa bailarina e coreógrafa Martha Graham. Seguiremos coa pintura narrativa de Paula Rego como proposta para levar adiante as nosas propias historias, xa sexa con colaxe, pintura ou ámbalas dúas.


Sophie Taeuber Arp levaranos á linguaxe abstracta; o gusto pola cor e a combinación de elementos xeométricos, aplicados aos nosos soportes ou a un mural colectivo, dependerá dos tempos e das enerxías.
E, para engadir contemporaneidade Grayson Perry nos incitará a un achegamento á publicidade e cultura masiva, a unha divertida confrontación de “bon e mal gusto” e Chiharu Shiota levaranos ao sentimento, á delicadeza e poesía visual das súas instalacións; no noso caso tomaremos como referencia “cartas de agradecemento” (intervención para el Espai de Art Contemporani de Castelló ) invitándovos a contribuír co envío de unha carta dando as gracias, fora cal fora o motivo da gratitude do eu que escribe a un suposto outro, sin necesidade de identificalo (pode ser imaxinario). A vosa carta(pode ser por correo electrónico/whatsapp/correo postal/na man) sumarase entón á nosa instalación, e sumaremos o noso agradecemento as vosas cartas ;)

 
Sophie Taeuber-Arp
   

 

 
Grayson Perry


Contamos coa interesante participación de TocaMadera artesanía que nos achegará a reciclaxe, e a sensibilidade da natureza, a observación do mais cativo, a beleza do cotiá. Como temos cerca a fincadoníspero e outros espazos verdes do barrio aproveitaremos para desfrutar da luz, plantas, árbores, arte na natureza... apropiarnos do barrio. Todo un súper plan para este mes de Xullo no que queremos aportar cultura, coñecemento, beleza, ilusión e vida ao barrio e as nosas vidas. 

 https://www.instagram.com/tocamaderagalega/