domingo, 5 de maio de 2019

Xuntas pelas Artes, Encontro artístico Galicia*Portugal


O sábado 4 de maio fun convidada a participar da emotiva conexión de artistas galegos e portugueses en “Xuntas pelas Artes 2019, A Coruña ” un encontro que leva anos realizándose (en ámbolos dous lados) dende o compromiso de vincular Galiza e Portugal; sumar e buscar todo o que nos une deixando fronteiras a un lado. A introspección e calma da poesía, a beleza da plástica e a emoción da musica en directo fixeron unha tarde especial: unha xornada de conexión e escoita para celebrar que creemos nas culturas, na creación e nas artes!!! 

Acompañada tamén por parte do alumnado e persoas amigas; desfrutando da arte nun día de sol e  deixándonos levar segundo a segundo... moita paz.
O único confirmar que falar en publico é unha tarefa para a que hai que prepararse: moi dura para min, sigue sendo disciplina pendente... :))))

 






Gracinhas polo convite  e un afectuoso saúdo a todas as participantes e xs organizadores do evento! 

Xuntas pelas Artes -Encontro artístico A Coruna Maio 2019-  

Coa participación de
Adias Machado
Silvia Mota Lópes
Álvaro de Oliveira
Lidia Borges
José Moreira da Siva
Jorge Braga
Pinto de Matos
Maribel Valdivieso
Pilar Pallarés
Belén Pedreira
Bea a de Estrella
Roberto Castro
Dores Polo- TallerdePolo-
Xosé de Cea
Toño Núñez
Vicki Rivadulla
Marité Prieto
José M. Monterroso Devesa
Irene Fernández
Yeiko Solo
Primates Metálicos
Natalia Navaza
Marcos Mella
Antom Laia
Sonia Andrade
Laura Rey Pasandin
Teresa Ramiro






 https://axendacultural.aelg.gal/2019/05/03/a-coruna-xuntas-pelas-artes-encontro-artistico-portugal-galicia/?fbclid=IwAR2e4opy52ipSl3fawN7OdRB3F7cpzZp0cgprrxG7ixGuRhz5nIH_Z3gc4Q

mércores, 1 de maio de 2019

ARTE+EMOCION



O obradoiro ARTE + EMOCIÓN é un taller para compartir con amor e ilusión. 
 
"A vida me vai construíndo e eu me vou re-construíndo, segura de que podo crear andamios, vigas e fachadas que me dean consistencia e apoio. Un dos alicerces da miña historia foi o descubrimento da arte, das artes plásticas, da pintura ... e iso é algo que quero compartir, porque sei que as artes teñen unha cualidade netamente humana que pode axudar a dar sentido ao estar/ser.
Por isto, cando teño a oportunidade de dar un taller especial, como un taller de Arte + Emoción, no Centro de Información á Muller, nun programa de acompañamento e coidado, e compartir a miña experiencia de vida con persoas que, coma min, avanzan deixando atrás un pasado que doe
sinto que me fan un agasallo, que me volven a un presente xeneroso no que hai moito por facer... “








Gracinhas Naiara !