domingo, 6 de outubro de 2019

Comezo do novo curso 2019-20


Empezamos un novo curso con obradoiros para persoas adultas onde achegarse por vez primeira á pintura ou mellorar a túa técnica de óleo, acrílico ou explorar a túa creatividade a través do debuxo, colaxe, acuarela.
E para os peques hai unha proposta de obradoiro os venres e mércores pola tarde, podes informarte escribindo a polotallerdepolo@gmail.com ou no tlf. 617 293 024 . Este curso traballaremos o debuxo da natureza, achegarémonos á Bauhaus e levaremos as súas propostas á nosa contorna; a BauhausdosCastros... e moito mais!!
Sempre traballando sobre os fundamentos das artes plásticas, coñecendo e explorando diferentes técnicas, ampliando e entendendo a cultura visual na que estamos inmersas e facéndoo en grupo, tratando de entendernos e respectarnos o mellor posible. 


 
E a partir do 14 de Outubro: Taller de acuarela, iniciación e nivel medio. Coñecer materiais, texturas, reservas, aguadas, transparencias... descubrindo as moitas posibilidades que nos ofrece a acuarela. 


 

Nas Encrobas


Un orgullo comezar o outono presentando o fanzine “aS eNCRoBaS” con poesía, música, memorias e lembranzas do pasado, arenga de loita por un futuro de aire-auga-terra limpas, na compaña de moitas persoas sensibles e loitadoras na III Marcha pola Memoria en As Encrobas. Unha xornada Emotiva sen dúbida; coa enerxía da choiva que nos leva á Galicia mais profunda, a que moitas levamos na memoria rural. Gran esforzo e traballo realizado pola organización da Marcha neste evento que combina cultura, arte, diversión, reivindicación e loita. Todo isto feito con moitas ganas e gran honestidade xerando un dia cheo de vida e enerxía dende a unión da historia pasada coa loita polo futuro sostible. Agradecer á organización o convite , agradecer a Laura Rey Pasandin que me amadriña con moita tenrura e a todas as persoas asistentes tan boa vontade, humor e tanta arte.





 
https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/iii-marcha-pola-memoria-das-encrobas-xunta-mais-200-persoas/20191002115019084630.html

https://www.facebook.com/events/1139196256272604/
 
  "Participamos 16 persoas na elaboración do fanzine e contando coa poesía de Laura RP, traballando de maneira non intensiva (combinada con outros exercicios e experiencias) ao longo de cinco meses aprox.
Partimos de material documental como:
--- A ceo aberto, o documental de Xosé Bocixa que visionamos en tandas de 10 minutos por dia.
----As imaxes do fotoxornalista Xose Castro
----O blog de Maria das Encrobas
----Asunción de ti, libro familiar de Xosé Luis Linares Barbeito e Mercedes López Otero
-----Poesías de Emma Pereira (As comadres´Nghrobas) e de Laura RP
---- E tamén vimos o vídeo promovido pola Industria mineira para divulgar nos colexios públicos galegos.

O proceso creativo vai partir da información que imos recibindo e absorbendo de a poucos, do diálogo e reflexión sobre o que nos vai chegando, das emocións coas que conectemos e identifiquemos para podelas compartir durante o proceso e, tamén poder usalas para crear.
Coas persoas maiores análise do documental e análise do resto de material para identificar con que aspectos temos maior empatía ou puntos de interese. Para elixir así o tema da nosa ilustración e pasar ao concreto.

Para min foi un traballo complexo, moi intenso e cheo de ilusión. Ás veces, duro fronte á incerteza do proceso creativo e as diferencias xeracionais que constatan o descoñecemento e distancia da mocidade participante co rural galego, coa lingua e coa historia próxima. Pero a potencia desta ferramenta (as artes) para traballar temas complexos fíxose evidente e clara.
A creación deste fanzine ten varios puntos de acción:
----o traballo de concienciación e análise coas persoas participantes dende unha actividade creativa.
----ese vinculo entre a aprendizaxe de técnicas gráfico-plásticas e pensamento ofrecendo un lecer/ unha actividade enmarcada na educación non formal de calidade- enriquecedora.
---- a xeración de contidos gráficos para usar nas loitas contra o extractivismo e outras loitas.
-----a xeración dunha obra que se move de man en man e conta a través de imaxes e dende idades e persoas distintas a loita das Encrobas: facendo posible unha conexión (a través da arte plástica e poesía) con calquera persoa do mundo. E con outras loitas planetarias similares.
-----un proceso creativo exportable e recomendable para educadorxs, activistas e grupos de persoas inquietas.

Hai moito traballo por facer se queremos outro mundo posible, empezando por sonhar que queremos realmente. De eses sonhos sairán os caminhos e pasinhos para ir amodo. Mirando cara adiante a longo prazo nunha loita sen fin e sen fronteiras, que continuar’a con esta mocidade e a sua descendencia... o futuro somos nós e o que imos facendo día a día."
                                                                                                                          Fotografia de Yoshimura Eye