domingo, 10 de marzo de 2013

Con motivo do dia da muller (que deberían ser todos) se inaugurou o pasado sete de marzo, na cidade de Lugo na capela de Santa María (na Ronda da Muralla), unha exposición colectiva con obras de oito mulleres  vinculadas a esta fermosa cidade. Carmen PG Granxeiro, Cristina S. Legido, Eva Doroxo, Lola Tourón Río, María Mata Gayoso, Olalla Castro, Polo e Sandra Lodi. Permanecerá aberta ata o 14 de abril do 2013 polo que, cando estedes de paseo primaveral percorrendo a muralla romana e vexades a capela dende arriba buscade a baixada máis cercana para visitar a exposición e comentarnos despois que vos pareceu...


a capela de Santa Maria, CentrAd, dende a muralla



Camiñar entre as augas
do infinito da creación,
alén das fronteiras
das barreiras
do históricamente instaurado, 
máis aló do imposto,
por riba das mentes pechadas
de sistemas caducos e ideas baleiras.



Mulleres
camiñando entre as augas
do infinito da creación,
alén das montañas
os corpos ceibes
alzan sen gaiola ás mentes, 
e, desta vez,
repiten
oito veces
que non hai vento que amaine o seu poder
nin lume que queime seus feitizos.
entrada da expo e un detalle da obra de Eva Doroxo



obra de Polo reinterpretada por Carmen PGGranxeiro, comisaria da exposición