domingo, 30 de marzo de 2014

En marzo podar e sachar...


En marzo podar e sachar... se queres logo colleitar
  
Ás veces a melancolía nos pode e, aínda que sabemos que temos que podar e sachar, as forzas chegan escasas e hai que rexelas para chegar ó remate do día... hai que darlle cabida a todos estes sentimentos que nos enchen e nos definen; relaxar o ritmo para ir sachando e podando amodiño... 
 
tamén, as veces, nos aprema a ansia de facer e de acadar obxectivos; e pensamos que todo e todas as persoas que nos rodean teñen que camiñar ó noso ritmo... entón sería bo parar e mirar dende outra perspectiva...
 
e estos distintos sentires aparecen cada semana nas clases: están en min, están no ambiente, algún día nun-nunha alumnx e outros noutra... e neso estou aprendendo a recoñecelos e aproveitalos no camiñar...
comparto con vos parte da miña saudade nestas fotos da findesemana e logo veñen algúns traballos feitos recentemente no taller, de persoas con ritmos propios, ós que hai que escoitar atentamente... 




 máis aqui 
https://www.flickr.com/photos/103131093@N02/sets/72157643133715983/




 
ritmos de lino, victoria, concha e clara ...
















 Este mes de marzo fixemos dúas sesións de posado con modelo e, se é posible, faremos outras dúas sesións en abril; sábados 12 e 26. Se pensas vir manda recado por se houbera cambios...




e unha recomendación; leva sempre ferramentas de debuxo a man: calquera espazo é bo para poñerse mans á obra!!!


sábado, 15 de marzo de 2014

sácame en marzo e verás como pazo, dixo o boi...


Sácame en marzo e verás como pazo, dixo o boi...

e co entroido chegou o sol... e estamos tendo uns días para sacar as bicis, merendar no parque, e ir pensando no bonito que sería saír a pintar fóra a algún fermoso lugar preto da cidade (ou na mesma) e estimular os sentidos co vento, os sons, as cores intensas ...
e mentres tanto, seguimos co traballo intenso e fermoso, cos nosos retos e avances...

no entroido algún e algunha valentes viñeron de incógnito; comemos ricas orellas, filloas... ...e logo a manzanillas ;)



diferentes traballos destas últimas clases...


pablomeretrata

carlota

pintora según belén

soño, clara

deseñovermello, cris
candomarzomaiea,maiomarcea


este último sábado nos visitou unha modelo marabillosa!! tivo moita paciencia e xa estamos desexando que volte de novo!!! ;)













 as mozas do venres son a bomba! se apuntan a calquera xogo ou proposta que xurda, desta volta xogando con cores...











Jose, Arteterapia, de novo nos propuxo intensos retos... experimentando cos sentidos, cos sentimentos, cas enerxías... e cas nosas capacidades creativas: que son infiniiiitas!