mércores, 25 de febreiro de 2015

febreiro mes da liña -------

Pois si, tocoulle a febreiro disfrutar da honra de ser o mes adicado a liña! asi que estivemos practicando distintos exercicios que nos levaran a fixarnos na liña, no contorno, no debuxo, na beleza do sinuoso, das voltas e reviravoltas... e aí van algúns exemplos:


















como vedes os vexetais, plantas ou bodegóns ateigados de elementos con texturas son un bo modelo para afrontar o reto da liña... eso si, hai que ver o exercicio con diversión; como un baile onde só hai que bailar... por eso traballamos con rotuladores e sin posibilidade de borrar, procurando liñas looooooongas con voltas e reviravoltas.
Que bailedes moito!!!

martes, 24 de febreiro de 2015

iniciación ao debuxo de figura humana e retrato

imos comezar un curso no mes de marzo; "iniciación ao debuxo de figura humana e retrato" e a idea é mantelo durante abril e maio.

achegarémonos aos fundamentos do debuxo e con eles a anatomía da figura e un pouco ao retrato, para o que teremos unha hora semanal os xoves as 19,15 horas, podendo levar tarefas para a casa e un asesoramento ou tutoría ao longo da semana no caso de querer profundizar e practicar máis.
O custe da actividade será de 12 euros ao mes (5 euros mensuais para as alumnas matriculadas este ano no tallerdepolo)

Se queres máis información escribe a tallerdepolo@hotmail.com , 
no facebook   https://www.facebook.com/taller.depolo
ou no teléfono; 617 293 024
e aqui estarei dispoñible para resolver as túas dúbidas




a imaxe do cartaz é un apunte feito a Montse (alumna e modelo do taller) durante unha sesión de posado, na que xaceu tumbada no chan o cal nos permitiu sentirnos como paxaros :)

luns, 23 de febreiro de 2015

beleza e xogando con fotografías

Dámoslle voltas ao concepto de beleza, axudadas por inspiradoras frases filosóficas que, as veces, entran en contradición;  afondamos no que “nos gusta” e “por que nos gusta”... para iso proponse o exercicio de buscar/mostrar a beleza de obxectos que pasan desapercibidos ou que non elixiríamos debuxar.

inxeniosa proposta de carlota





conceptual e ordenada ;) proposta de olga



simbólica e suxerente proposta de marisé






Xogamos a modificar fotos(re-utilizamos fotos vellas que temos polo taller) e investigamos co papel fotográfico, trátase de xogar e experimentar con total liberdade nun papel que permite raiar, cortar, furar... xa que é máis forte que o papel de revistas(ou xornais) que empregamos habitualmente para os nosos collages.
Deixamos pendente a posibilidade de facer o mesmo pero con fotos vellas da nosa familia, ou da nosa historia...

 
 blanca

marisé

pablo





luns, 9 de febreiro de 2015

cores e liñas

A cor é unha protagonista destacada á hora de xogar no taller pero non se atopa soa este mes; ven na compaña da liña.
Ca cor xogamos axudadas dun tal Rothko, lembrades? e para traballar ca liña trouxemos plantas e natureza ao noso espazo... e descubrimos que podemos enchoupar as follas e plantas con cores e deixar pegadas: como os dinosaurios aqueles que pisaban tan forte! :))


o modelo










o modelo tratado sen mimos, machacado máis ben





as liñas soíñas fan unas mesturas moi fermosas...




 as liñas tamén protagonistas dun exercicio de debuxo rápido



e finalmente liñas e vexetais mesturados...