venres, 27 de marzo de 2015

flores de marzo ou flores e cores!

Seguindo neste mes colorido...

visitamos a floristería do barrio "Sementa", onde amablemente nos atende Teresa e nos axuda a atopar flores de cores primarias e/ou de cores secundarias (que é o que saímos a "recolectar") explícanos tamén os seus nomes, e algunhas delas teñen olores intensos e que nos gustan :)
resulta unha xornada excitante; xa que saímos en grupo á rúa, vai sol e voltamos cun ramo preciosisiiiiimo que será o noso modelo do día, e quedará para ser pintado e admirado mentres duren as flores... 
Investigamos no que é unha natureza morta xa que non parece que as flores estén mortas... esto da lugar a un pequeno e interesante debate ;) . Pequeno porque o tempo se nos fai escaso e hai tanto que pintar!!

Pinturas de Sara, Lía, Diana, Candela e Candela-maior... fáltanos a obra de Antón que quedou sen fotografar (cámara sen bateria toda a xornada =aprendizaxes)








Antes de sair a buscar o noso modelo facemos unha investigación-test sobre as cores primarias e secundarias que da estes resultados ...






sábado, 21 de marzo de 2015

froitas de marzo

a voltas ca cor; imos con froitas de distintas cores a facer un clásico bodegón!!
Fixádevos canta cor pode ter un bodegón! e cómo cada artista ordena as froitas no espazo(según a edade ou o seu capricho :) ...
Algunha é a primeira vez que emprega un pincel o que resulta algo complicado ao principio polo que hai que evitar debuxar detalles cativos, e propoñerse disfrutar co acto mesmo de pintar: remexer, mesturar as cores, investigar con diferentes pinceis......

Estes fermosos traballos son de Saúl, Irene, Diana, Marisé, Ángel, Lía e Candela.























E o mellor de pintar un bodegón é que xa tes a merenda lista!! só tes que escoller que cor queres comer...




venres, 20 de marzo de 2015

cores

Empregando o libro de Eva Heller "Psicoloxía da cor" tratamos de investigar un pouco sobre o que nos fan sentir as cores, ou como nos relacionamos con elas... no libro descubrimos asociacións que non pensáramos aínda e, facendo un xogo co libro e os significados que nos mostra, buscamos as cores que nos "tocan" para o noso cadro... e con elas pintamos! 
http://ggili.com/es/tienda/productos/psicologia-del-color


candela

 lia

oliva

 diana



seremos conscientes cando pintamos da nosa relación cas cores e porque eliximos unhas ou outras?

persoal paisaxe de iñigo



explosivo veleiro pintado por lino

luns, 16 de marzo de 2015

cores de marzo ou marzo mes da cor

como marzo é un mes colorido: empezan a sair as primeiras flores e o sol luce máis forte aproveitamos para adicalo a estudar e analizar as cores, como se relacionan entre elas e con nós, probaremos ca acuarela, témperas, acrílicos, pasteis,... se os nosos ritmos nolo permiten  :)

veredes entón moita cor nos traballos que aparezan no blogue; xa me diredes se vos fan sorrir, se vos estresan ou vos impulsan a xogar con pinturas nas vosas casas...

vedes traballos de blanca, gema, marisé, pablo, olga, sandra... mesturados todos... 


















domingo, 15 de marzo de 2015

o traballo diario

O traballo diario é ese traballo que parece unha rutina e , as veces parece que non avanza... que non se dan visto os resultados. É un ritmo máis lento, de semana a semana, de capa sobre capa e detalle tras detalle para acadar ese resultado mimado que nos apetecía obter.  Sobre todo é o traballo do alumnado que aprende pintura ao óleo (ou alumnas que desenvolven os seus traballos pictóricos persoais  no taller) e van ao ritmo imposto polo secado, polo coidado e a paciencia á que nos obriga esta técnica.
Un exemplo son as flores de Gerarda ou as escaleiras de P.Cristobo, un lindo rincón da súa casa familiar.







Outro exemplo de traballo pausado e laborioso serían estes collages que teñen un traballo previo de creación e deseño; máis a busca das imaxes axeitadas e logo concretalos a base de tesoiras, pegamento, lapis de cores, rotuladores... 
Estes interesantisimos collages están feitos por Pili V. e Marisé, grandes e imaxinativas traballadoras ;)






luns, 9 de marzo de 2015

Animalario Universal del Profesor Revillod

Pois un día Olga (unha persoa chea de curiosidade e amabilidade, entre outras moitas interesantes características ;)  apareceu no taller cun agasallo estupendo, descoñecido ata o momento por min: O Animalario Universal del Profesor Revillod .
Un fermoso libriño que ten un potencial tremendo para empregar en xogos de artes plásticas ... un libriño que nos pode dar ideas en momentos de sequía creativa.
O libro é unha relación de distintos animais ( marabillosamente debuxados) e partidos cada un deles en tres anacos; facendo posible combinar a cabeza do primeiro co tronco do terceiro e o cu do quinto, por exemplo. Ademáis posibilita tamén a creación de novos nomes para os sorprendentes seres combinados; partindo en sílabas mesturables as palabras. E engade unha descripción de hábitat ou costumes que igualmente se reorganiza cando reestructuras os animais... unha beleza.

nós fixemos o mesmo con collage e , quen quixera, podía engadir debuxo.






Presentámosvos o fantástico animalario de ángel, candela, diana, lía, marisé, inés, saúl... 


  

























Como vedes este animalario é tan libre que non só mestura animais... tamén zapatos, estatua, partes de animais humanos... o que nos encha o ollo!