martes, 30 de xuño de 2015

visita a exposición do escultor Leiro


estes últimos días de xuño xs máis cativas saímos de visita a coñecer as esculturas sentidas do escultor galego Leiro. Un traballo potente e moi expresivo; moi fácil de ler e entender por todxs. Vinculado tamén as emocións e accións humanas máis difíciles de comprender ás veces... as que destrúen e causan tristeza e dor...
Visitamos, observamos e falamos dalgunhas das fermosas pezas e tamén fixemos bosquexos que nos servirán máis adiante para traballos máis complexos e intensos, se así o queremos.

Solicitamos antes permiso por se representaba un problema entrar cos nosos lapis. Non houbo problema algún e o persoal do Kiosko Alfonso, foi moi amable e relaxado en todo momento. Agradécese poder utilizar un recurso público para coñecer e reflexionar a partir da arte, cxs máis pequenxs e sentíndonos nun espazo amigo.











aqui unha mostra do traballo de Leiro, dentro da expo non estaba permitido tomar fotos   
 https://youtu.be/u7l9F6DX1kY
 https://www.youtube.com/watch?v=u7l9F6DX1kY

luns, 22 de xuño de 2015

celebración do findecurso!


Outro curso vai aló! O xoves 18 de xuño fixemos a nosa celebración de remate de curso e celebración dun ano máis xuntxs!

Unha oportunidade para reunirnos todas e comentar as nosas vidas, os traballos que levamos feito e como nos atopamos... ver como van medrando xs máis cativos e saber como se atopan xs máis maiores, saber tamén das persoas que deixaron o taller porque as súas circunstancias mudaron e agora están a “outras cousas”... facernos presentes todxs; tamén as e os ausentes que aparecen na nosa conversa a través dos traballos colgados nas paredes ou no blogue... e que se botan en falta neste momento para a conversa e o encontro.

Xogamos, comemos, conversamos, agasallamos... documentamos o momento con tanta foto e vídeo como impera nos nosos días ;)) e pasamos unhas horas boas cheas de enerxía amable e positiva.

As cualificacións son inmellorables porque son as dun ano máis avanzando e esforzándonos nas nosas creacións, a pesar das adversidades ou dos momentos de baixa enerxía:

parabéns a todxs polo traballo feito este curso!













domingo, 21 de xuño de 2015

máis traballo diario no tallerdepolo...


Aquí vos deixo unhas imaxes do traballo diario desta última tempada no tallerdepolo, obras diferentes que son unha mostra da variada inquedanza do alumnado na súas buscas persoais e creativas...

facendo probas con acuarela Marisé e Blanca...

fermosos óleos de Viruka, Ela (reproducción dunha obra impresionista),
Pili e Loly


 



 Iñigo experimenta e modifica cada semana buscando esa imaxe na súa memoria...


 Marcia e o retrato... xunto con Carlota traballan a anatomía







Traballos todos fermosos porque son parte dun camiño persoal de busca: ... de necesidade de expresar cas mans; interpretar con cores, liñas... aquelo que chega ás nosas cabezas a través dos sentidos ou que durme na nosa memoria... 

sábado, 20 de xuño de 2015

este verán estamos...


Na recta final do curso, xa moitxs pensando en aproveitar o sol; ir a praia, estar ao aire libre, ir á aldea...
o taller permanecerá aberto este verán, menos horas pero aí estaremos debuxando e pintando... 
martes pola mañá e pola tarde, mércores pola tarde e xoves mañá e tarde (si se forma un grupo). E os mércores pola mañá  en Crispe con un grupo de peques.



 
Tamén estarei en Crispe, con un grupo de nenxs xogando, creando ... e o que se tercie nestes calurosos días ;))

se queres máis información ou tes calquera dúbida estarei no correo tallerdepolo@hotmail.com ou no teléfono 617 293 024
ou nos Castros; Avda. Pasaxe 9-11 no primeiro esquerda

 

domingo, 7 de xuño de 2015

Torre de Babel 2


ao final o tema Torre de Babel gustou moito e fixemos de novo outra serie de obras de mail-art para enviar a convocatoria de arte postal;


despois de mirar a información básica sobre historias de posibles Babeles no mundo, comentar o que cada unha coñecía sobre o tema ... decidimos facer entre todxs unha torre ... para eso tiñamos que coller cada unha un número de pezas de madeira; logo a cada participante lle tocou un rol para xogar; autoritaria, pasota, tímida, conciliadora.... e tivemos que construír desta maneira unha torre o máis alta posible entre todxs.



 
 

esta é un simulacro, fixemos unha torre máis complexa e con tódalas pezas... e non sacamos foto porque estabamos moi ocupadxs construíndo



e aqui van unhas pedazo-torres  sólidas-sólidas   :)


torre vexetal de Marisé

 Torre desértica de Inés
 torre floral de Carlota


torre minimalista de Saúl

torre de letras de Sandra

torre sinxela e elegante de Ángel

torre do tempo de Polo
 parte de atrás cos textos de todxs...


Descubrimos que é máis fácil destruír que construír; moito máis fácil... Construír poñéndose de acordo e respectando-nos uns aos outrxs é cousa complexa.





luns, 1 de xuño de 2015

feira de economia social 2015

De novo outra edición da Feira de Economía Social na Coruña este pasado sábado 30 de maio. O tempo pasa voando! e o ano pasou case sen decatarnos... Como é habitual foi unha xornada moi amable e agarimosa; con tanta xentiña coñecida e querida ao redor. Desta volta foi feira-feira con moitas artesanas mostrando o seu traballo e poucas charlas e actividades; organizar eventos de este tipo é un traballo de moito mérito, sobre todo cando se fai de maneira voluntaria regalando tempo e traballo para que outras disfrutemos dun día grande no centro da cidade. Agradecer á organización o seu esforzo, foi un día marabilloso.
O sol tamén acompañou ... acompañoume sobre todo a  min que acabei queimada como unha gamba e co nariz tipo "don pimpóm"
















Desta volta as enerxías non daban para preparar un taller para as nenxs, unha mágoa... pero seguro outro ano haberá forzas e compensaremos as ganas!
As enerxías se recargan con tantas visitas agarimosas recibidas!! e con compañeirxs de feira tan lindxs!! O ano próximo seguro nos atopamos de novo!