domingo, 28 de febreiro de 2016

convocatoria de mail art "las meninas de Canido" I


Imos aproveitar a convocatoria de mail art “las meninas de Canido” mailartlasmeninasdecanido.blogspot.com para facer un taller mesturando persoas de distintas idades e grupos, facendo que se coñezan ou reencontren; xerando novas dinámicas.
  
A través do cadro de Velázquez podemos disfrutar dunha rica e intensa xornada; coñecendo as personaxes, o taller do pintor, o lugar que ocupan na escena,... e ocupando nós tamén o seu lugar imaxinando o que puido ser a súa vida...













  
Para rematar traballamos en liberdade con tódolos materiais que temos á nosa disposición e facemos cada un/unha de nós a nosa proposta para as meninas de Canido... desexando poder ir a velas todas en directo alá cando se expoñan!

Adrián
 Ela
 Merce
 Sandra
 Antón

 Viruka




luns, 22 de febreiro de 2016

gravado con linóleo


Tocounos ao longo do mes abordar o gravado a través de pequenas pranchas de linóleo. Faise un pouco complexo para xs máis pequenos comprender o funcionamento do gravado polo que fixemos uns bosquexos previos, miramos sinxelos gravados feitos con linóleo e tratamos de achegarnos amodo a esta posibilidade plástica.
  
Para as e os máis cativos empregamos patacas cortadas ao longo ou tamén plastilina xa usada e algo dura... aínda así houbo quen se cortou e o risco ao traballar cas gubias está aí, presente.










 
 
As posibilidades co gravado son tremendas e nós tan só nos achegamos un pouquiño... deixamos as pranchas gravadas na clase para ir facendo impresións e probas cando nos vaia cadrando ao longo do curso...


gravados de Jime, Angel, Candela, Carlota, Gabi, Antón (tartaruga), Sandra(tesoira) e Tania














xa que é difícil que nos saian perfectas á primeira, temos que aprender a aplicar a pintura, colocar a prancha ben centrada no papel, procurar non manchar, aplicar co rodete forza dabondo... e demais sorpresas que xorden na práctica ;) hai que pillarlle o punto!!!

venres, 12 de febreiro de 2016

autorretrato en bandexa


aproveitando un montón de bandexas de panadería que tiña gardadas para re-utilizar pensei que farían uns fermosos marcos para calquera motivo que lle pintaramos no medio... e que mellor que enmarcar os nosos rostros, a nosa imaxe?




  
Así xorden estes autorretratos en bandexa, con todo o gusto de quedar fermosamente enmarcados e resaltados... este tema tan contundente e interesante retomarémolo máis adiante, a través de artistas que lle deron volta ao tema, e reflexionando máis as nosas dimensións identitarias... pero como inicio aqui quedan estes espelliños:

(a algunhas das obras aínda lles falta algún detalliño)











a algunha-algún deles seguro xs recoñecedes! ;)


mércores, 10 de febreiro de 2016

traballo diario, óleos e outros

inmersas no curso van saíndo os traballos de óleo, que como sabedes son laboriosos e lentos xa que precisan o seu secado e "os seus tempos".

Algúns destes fermosos e tan detallados óleos levan varios meses cociñándose, pintando semana a semana, a os poucos, e con moita paciencia. Como estes cadros de Lino e Concha, froito de moito empeño ;) parabéns artistas!!







Tamén Pili GV rematou o seu traballo, decorando con moito  amor os cuartos de novas personiñas que chegan a este mundo, cheo de cor :)



esta "semente" quedou pendente, pero agora agroma con forza e se espalla polo mundo... máis cor aínda ;)   parabéns Olga!!


Jime nos sorprende con este acrílico tan fermoso e inspirador, parabéns!!



e estas dúas obriñas están en proceso... sementes tamén que seguro veredes máis adiante!!  bosquexos de Pili C. e cadro en proceso de Lino... aí van a toda vela!!!
 



Como vedes é para estar fachendosa con estes artistas tan teimudos pra avanzar e acadar as súas metas!!


Entre pincelada e pincelada fixemos unha escapada para ver o traballo de Daniel Remeseiro en directo, na sala de exposicións do Colexio de Médicos, onde disfrutamos moito cas súas fábulas e traballos en madeira. Visitádea se tedes ocasión!!