sábado, 26 de marzo de 2016

marzo amola e abril esfola

"marzo amola e abril esfola" non me digades que non soa xenial o refrán ;) a mensaxe parece un pouco dura... pero xa veremos se abril esfola ou non ...

e neste precioso marzo continuamos traballando duro, pintando e creando coa nova luz da primaveira que nos chega... 



Vai de barcas: 
persoal óleo de Manolo 


veleiros ao óleo de Lino



primeiro traballo de Pam! pescadores...


Diana traballando moito nunhas ricas lambetadas:



debuxando e debuxando...





os máis pequenos tamén...




aproveito para darvos unha recomendación se andades por Lugo; visitade a nosa expo ReciclArte e tallerdepolo ;) na Biblioteca Pública de Lugo




E aqui vos esperan os pinceis... dispostos a encher de luz e cores o que pillen :))




domingo, 20 de marzo de 2016

visita á galería de arte "Arte e Imagen"


Aproveitando os recursos que temos a man: en primeiro lugar que hai días de clase en que asiste pouco alumnado, xa sexa polo cambio de estación ou polas vacacións escolares ..., en segundo lugar, aproveitar que non chove e, en terceiro lugar, esta pequena cidade permite desprazarnos camiñando ou no transporte público, no mesmo barrio ou a outros barrios de maneira bastante rápida.

Así que improvisamos unha saída á galería de arte “Arte e Imagen”, a visitar unha linda exposición de Manuel Sierra; unha expo sinxela e chea de cor, ideal para a rapazada. Foi un pracer compartir máis dunha hora debuxando, observando os fermosos cadros e charlando coas responsables da galería, que animaron ás rapazas a seguir achegándose as artes como unha maneira de medrar como persoas e como sociedade.
 http://www.galeriarteimagen.es/








E aqui temos reproducidos cachiños de obra de Manuel Sierra dende a mirada de Diana, Jime e Gabi


 e estas son fotos tomadas por Diana, reporteira excepcional ;)




A invitación queda aqui aberta a todxs; achegarnos ás artes dende tantos e bos recursos que temos cerca !


Tamén este mes fixen unha visita ao colexio Labaca, a explicar ao alumnado máis pequeno o oficio de artista plástico/pintora. Pedíronme un improvisado debuxo; que nerviooooos ! 
http://4anoslabaca.blogspot.com.es/




mércores, 2 de marzo de 2016

"las meninas de Canido" II


tivemos a sorte de contar nunha segunda xornada de “meninas de Canido” ca presenza de Carlos Botana coñecido mail-artista coruñés que nos veu contar un montón de cousas da arte postal. Foi un luxazo contar cos seus coñecementos e tamén coas numerosas mostras que nos trouxo de mail-artistas de todo o mundo.
Unha vez abertas as mentes e o apetito para facer unha obriña cada participante para enviar ... aqui tedes: 
 
ou na páxina da convocatoria onde Carlos con todo o coidado, nos mostra esas fermosas obras que chegan de tódolos puntos do planeta.
http://mailartlasmeninasdecanido.blogspot.com.es/

















aqui unha pequena-afortunada confusión ;) 


 e o grupo ao rematar a xornada, na compaña de Carlos Botana

 lembrade que todas estas obras poderanse ver no verán no barrio de Canido, en Ferrol, durante a xornada de pintura no mesmo barrio...
 http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2015/09/04/programa-meninas-canido-2015/0003_201509F4C29920.htm

 http://guias-viajar.com/espana/ferrol-ruta-meninas/



 

martes, 1 de marzo de 2016

exposicion dxs artistas Independencia28 no Mentireiro

saúdos a todxs!!

compártovos esta exposición conxunta do grupo Independencia 28, que se inaugura este venres 4 de marzo, no Mentireiro (na rúa Orillamar 12)
Anímovos a pasarvos por ali o dia da inauguración, ou calquera outro día ata o 16 de abril.


Eu levarei algunha obriña nova, da fornada do 2016 ;) como este nen@ que vos deixo debaixo...




espero vervos por alí!!!