luns, 25 de xullo de 2016

verán é arte finalizando...

coñecimos uns cantos artistas xa; os que xa mencionados na anterior entrada: Velázquez, Schlosser, Renoir e xs impresionistas... máis estes días atrevímosnos con; 
Frida Kalho e os seus bodegóns Viva la vida! 




 



 


Ibarrola e as súas árbores pintadas, 





o fastidioso J. Pollock que nos fixo manchar os zapatos, as pernas, os pes, o pelo, as mans... ;)






a artista surrealista, que nos fixo rir coa súa "taza peluda", Meret Oppenheim e  vimos outros obxectos disparatados que nos inspiraron para transformar o noso obxecto surrealista:








Rothko e as cores...





traballamos moito, moitisimo, pero aínda así deunos tempo a ir de picnic... e relaxarnos tamén un anaquiño ... disfrutando do noso barrio e do sol do verán... "viva la vida!"




 

xoves, 7 de xullo de 2016

Verán é arte en marcha!!


xa estamos en marcha este mes de xullo; primeira entrega da nosa viaxe polo intenso e extenso mundo da historia da arte ... tanto que ver, tanto por pintar, tanto por aprender... afortunadxs viaxeir@s :)

coñecendo a Velázquez, a Renoir e @s impresionistas, a Adolfo Schlosser, ... botade un ollo: 

 









aproveitamos unhas hortas urbanas a carón para facer como xs impresionistas e pintar ao aire libre ;) 

 





















domingo, 3 de xullo de 2016

exposición "Soñando a arte,experiencias plásticas no tallerdepolo", en Lugo


O último día de xuño inauguramos exposición el Lugo, de novo “Soñando a arte, experiencias plásticas no tallerdepolo” está cara ao público enmarcada no proxecto de mecenado artístico APARTE, proxecto da empresa Apetéceme
 









 
Podedes disfrutar a nosa expo na cafetería Apetéceme, que se atopa no HULA, Hospital Universitario da cidade de Lugo. Alí mesmo tivo lugar a inauguración, coincidindo cunha festa de benvida ao verán:contamos coa música do grupo West Side Bones, moitisimos canapés e pinchos, moitisima xente traballadora do hospital que se achegaron a celebrar, un grupo de amigxs do tallerdepolo desplazados para disfrutar da ocasión, unha obra colaborativa para facer entre as persoas que se animaran...e sortear unha fermosa acuarela...
























 
Aproveitamos a saída para coñecer algo máis e mellor a cidade de Lugo, que agacha (e mostra) moita historia, aprender cousas novas... gracias ao noso guía Pancho Gallego, que coñece moi ben Galicia, e fixo que a nosa visita resultara do máis interesante.
En definitiva, unha emocionante xornada chea de divertimento, nervios, novas cousas a coñecer, e momentazos a compartir... 

 


















si pasades por Lugo visitade a nosa expo!! ou agora tedes unha/outra excusa para pasarvos por esa lindisima cidade ;)