venres, 28 de outubro de 2016

O recuncho das cores; Sementa















Vou moi retrasada con este blogue! hai tempadas en que a tecnoloxía se atravesa e non che lle hai que facer...


e hai moito que contar; do pasado, que se fai presente ao rememoralo... como a nosa visita na busca de cores ao recuncho con máis cores do barrio... a tenda de plantas e flores Sementa, moito máis que iso; un lugar cómplice con nós, un lugar amable e moi fermoso onde poder gozar da beleza para observala , debuxala e pintala.








Camufladxs entre a vexetación semellamos aventureirxs á busca de novas especies... foi moi interesante a caza de cores :)









Coñecemos así o barrio, buscando a beleza...coñecemos así habitantes tan fermosxs como os que atopamos en Sementa, boas xentes e linda vexetación. Ademais cóntannos da importancia da cor no seu traballo, da harmonía e da selección das plantas en función das súas cores, tanto para motivos cativos como para grandes xardíns... moi linda visita e lindas aprendizaxes

https://www.facebook.com/Sementa-1200555296624227/?fref=ts


mércores, 12 de outubro de 2016

Clases semanais e exposición en Sada con "La Pera"


O clima este ano alongou o verán tanto que aínda vestimos de camiseta, está a resultar un comezo de clases do máis veraniego
Tamén apetece volver ás rutinas e iniciar traballos-actividades que duren no tempo, que nos permitan etapa tras etapa ir acadando resultados moi gratificantes, como pasa co óleo. No taller empezamos varios este mes, tamén acuarelas e @s máis pequenxs están xogando coas cores: un comezo de camiño ou camiños por diante.








 

E, por último, recomendarvos unha visita a Sada, onde un grupo de artistas denominado La Pera, nos ofrece unha exposición dos seus traballos na Casa da Cultura Pintor LLorens. É este un colectivo flexible e, nesta primeira exposición poderedes ver traballos dalgúns dos integrantes: Magaly, by Monty, Vicente Roura, Ramiro, Mamengs e polo. 

 





A Casa da Cultura está situada en pleno paseo marítimo de Sada, así que vos ofrezo unha boa escusa para pasear ao lado do mar, gozar deste sol que aínda nos acompaña e ver unhas obras que seguro vos gustarán :)
http://www.concellodesada.com/es/agenda/exposicion-colectiva-colectivo-la-pera-