luns, 27 de marzo de 2017

Patacas e outras tarefas de marzo...




A esencia da pataca: unha busca ao interior e a esencia mesma do tubérculo, como se ve agora pero nel hai máis... o que pode ser-convertirse-dar de sí... o todo pataqueiro:
visións de Xoel, Angel, Martín e Lucas... como vedes a mesma pataca prende distintos estímulos :)










Primeiros collages de Martín e Xoel, súper persoais!!









e seguimos tamén co dia a dia: aprendizaxes de cor, ou coa tableta gráfica -da que nos falou na súa visita Patricia Saavedra- ...








...e cos nosos traballos de óleo secando para retomar en Abril...xa que esta semana estarei ausente traballando fora da cidade, noutra nova aventura!









xoves, 23 de marzo de 2017

pintando flores, detalles do traballo diario ;)




Os mércores estivemos pintando flores, coincidiu que Africa, Chus, Manolo e Pili GV elixiron pintar flores a un tempo... e a clase florida :)

Como vedes cada unha-un no seu estilo e co seu gusto ben diferente, aí está a marabilla do asunto: cadaquén ten as súas motivacións e os seus gustos e hai que levalos adiante e desfrutar co proceso...

Africa pinta por vez primeira, como vedes dáselle moi ben!!






Pili GV remata os detalles dunha obra ben linda e delicada




Manolo pinta as flores do seu xardín ;) sempre dende a súa mirada persoal





Chus F. remata estes xeranios floridos que quedaron moi lindos e coloridos :)




Que virá despois destas flores? que elixirán pintar estas persoas inquietas e curiosas? Esa é unha sorpresa que irei descubrindo estes días e logo, co paso das semanas, irei desvelando nalgunha nova entrada neste blogue ;)
Para min é un agasallo ilos coñecendo a poucos, a través de esas  decisións; de ese gusto ou inclinación cara unhas cores, uns temas,...  un misterio propio das clases de pintura.


venres, 17 de marzo de 2017

jelly print: chegou a xelatina!




E así chegou a xelatina ao tallerdepolo. Jelly print , monotipos divertidos experimentando con elementos vexetais, papeis, recortes... o que tiveramos a man; máis cores e probar para aprender e divertirse co proceso .... sen máis, ou si?







 

Merquei xelatina ( a máis barata que atopei, sabores limón e piña) a primeira que fixen quedou demasiado branda e desfíxose toda! Logo empreguei menos auga para facer as pranchas e usei moldes de plástico máis cativos e manexables; así quedaron máis compactas e serven perfectamente para experimentar, probar e divertirse... con moi bos resultados.  :)


































Así quedaron as pranchas de silicona tras unha sesión de dúas horas escasas ... sonche resistentes dabondo. E unha actividade divertida e moi creativa.






luns, 13 de marzo de 2017

Fomos de feiras con ReciclArte: 8M e I Eira das Artes












Nesta semana coincidiron dúas feiras na cidade coruñesa, as dúas vinculadas coa Eira das Artes. A primeira tivo lugar con motivo do 8 de marzo, onde fomos invitadas (as artesáns que formamos parte da Eira das Artes máis outras artesáns e mulleres con proxectos feministas) a participar nunha feira chamada "Feira de Creadoras e Artesás"; fantástico escaparate e punto de encontro ao redor da Fábrica de Tabacos, acompañadas de música (Habelas Hainas), moteiras, performance, danza... nun ambiente de festa e encontro nun espazo que aínda está por descubrir para eventos e actividades varias.



Outro espazo aínda por aproveitar é a Fundación Seoane onde se realizou a I Eira das Artes ( a semente primeira e previa foi este Nadal na chamada Feira de Inverno).
"A Eira das Artes somos un grupo de mentes e mans inquedas que traballan na Coruña e arredores. Agora decidímonos a organizar en común este mercado para amorasar as nosas creacións, coñecernos, coñecervos... un proxecto que nace dende a ilusión e a complicidade de moitxs creadores."
Teremos ocasións de ir coñecendo máis e seguir a pista a este proxecto xestionado polxs propias artesás, que inclúe obradoiros, poxas, música... e a saber que sorpresiñas nos prepararán en próximas edicións :)
https://www.facebook.com/Eira-das-Artes-331140630615262/?fref=ts





















https://www.coruna.es/portal/es/ayuntamiento/noticias/detalle-noticias/el-ayuntamiento-celebra-el-8-de-marzo-con-una-invitacion-abierta-a-la-ciudadania-para-participar/suceso/1453616008131









visita de Patricia Saavedra e algún Experimento





Podedes ver algúns dos seus traballos no blogue;







Experimentando estamos co mundo da xardinería... porque "amadriñamos" un cachiño de terreo que temos preto, está algo descoidado e cheo de lixo e nós imos plantar algunha flor tratando de darlle un pouco de cor. Contamos coa colaboración de veciños e veciñas que se preocupan de ter limpo o espazo e regan cando vai moita calor; así é posible que salgan adiante as plantas... xa veremos nus meses. ;)










Tamén estivemos facendo probas coa acuarela líquida, e non deixamos o fanzine que nos ten moi ocupadxs e nos fai repasar e ter ao día a anatomía humana :)