venres, 28 de abril de 2017

Visita de “Santi el guisante”


Estes dias tivemos unha pequena visita, “Santi el guisante” veu para falarnos da sua familia hortaliza … foi da man de Marina Nai de Dia, un proxecto de acompanhamento e coidados para os mais pequenos que vai ser pioneiro nesta cidade.

A nos Marina proponnos comezar un proceso creativo que se desenvolva a modinho entre todxs as participantes do tallerdepolo para xerar as ilustracions para o seu conto “Santi el guisante”. A modo e con tempo iremos construindo...

https://naidedia.wordpress.com/














Agradecer a Marina o seu tempo e esta linda colaboración que seguro nos depara grandes momentos con Santi e a sua familia hortaliza.

luns, 24 de abril de 2017

en abril pinturas mil!


En abril pinturas mil! como este retrato de Lino, que tras visitar unha expo sobre a pintura fauvistas decide experimentar coas cores, a pincelada ... modificar a maneira de interpretar ... o seu primeiro retrato a maneira fauve  .

 Pilar Cristobo sigue explorando caminhos coa sua musa...




traballo diario, debuxar, pintar e ir avanzando en conhecementos e tecnica...


Paula remata este Dixit tan fermoso... 


Gabriel experimenta a liberdade de pintar sen rumbo aparente... e Gerarda e Jose avanzan nos seus traballos coloridos, a modinho pouco a pouco...







A horta vai aos poucos tamen, moita calor e as plantas o notan... regamos e xs vecinhos axudan moito co rego e o mantemento e iso se agradece, gracinhas barrio!






E lembrade que pronto teremos obradoiro de papel reciclado, apuntadevos!!


xoves, 20 de abril de 2017

propoñemosvos: obradoiro para aprender a facer papel reciclado


Bos días artistas!


o tallerdepolo compracese en compartirvos un taller especial da man de Lucia Medina ,ReciclArte, no que teremos oportunidade de facer papeis artesanais e super persoais reciclando papeis que cumpriron un ciclo vital e agora comezan unha nova vida chea de creatividade e imaxinación…

O taller realizarase, se non hai imprevistos e acadamos un cuorum mínimo, o sabado seis de maio, dende as cinco ata as oito aproximadamente. Con un pequeno descanso, con ritmo tranquilo e divertíndonos co proceso aprenderemos que e a pulpa de papel, como facela, como se poden conseguir distintos tipos de papel, … e faremos persoais e divertidos papeis para nos, mesturando elementos da natureza, elementos atopados, etc. Lucia nos acompañará nun ilusiónante proceso de aprendizaxe que podemos compartir persoas de idades ben distintas, a partir de seis anos, con un limite de prazas para que a experiencia resulte o mellor posible. O custe da actividade e de 15 euros por participante, materiais incluídos.

Anótate e reserva a túa praza a través do correo tallerdepolo@hotmail.com
ou no tlf. 617293024 ou pásate por Monte das Moas,17-baixo, Os Castros, A Coruña.





sábado, 15 de abril de 2017

ME BUSTA PENSAR



ME BUSTA PENSAR
escribe Angel no seu debuxo… e penso que pensar e unha necesidade pero sobre todo un gusto. Como ser humano, como non pensar??

Como humanos en constante crecemento, como non pensar e cuestionarse as cousas que nos rodean, o que imaxinamos e o que pode ser…  
ter a mente aberta ao entendemento, ao xogo e as posibilidades mais incribles...



 
Neste exercicio mesturamos distintas palabras que nos leven a invencions novas… como o pulpo cherri, … desatar e desatascar, provocar risas e posibilidades loquitas....desbloqueando tamen a crenza do debuxo perfecto, para xogar e inventar non o necesitamos...
 






 
Outro exercicio feito neste mes de Abril foi debuxar o que non se ve, como por exemplo o vento ….





outro exercicio recurso habitual no tallerdepolo e Viva la Vida

a obra sobre a beleza da vida e do vivo de Xoel

e a obra sobre a beleza da vida e do vivo de Martin

Viva Pensar para que Viva la Vida!
 

venres, 7 de abril de 2017

pintando La Fete de la Rue Pasteur





O sabado 1 de abril celebrouse La Fete de la Rue Pasteur(a festa da rua Pasteur) no barrio de Saint Ouen, cerca de Paris. Organizada pola asociacion Echanges, coa colaboracion de organismos oficiais e outras asociacions do barrio , leva mais de dez edicions en vinte anos de traballo asociativo e dinamizador do barrio. Como en edicions anteriores colaborou na festa (e no obradoiro interxeracional previo) o chamado Cirque de Galice e ai en medio estaba Polo, entre fermosas persoas que traballan coa danza e o movemento, co corpo e a voz e sobre todo, coas ideas… claro que me sentin un pato en medio de tanto corpo e talento en movemento. Pero un pato moi a gusto vivindo unha experiencia super creativa dende a mellor das intencions, unir, compartir, convivir na alegria e na celebracion… agradecida ao cirque de Galice e a asociacion Echanges( sigcado) polo convite. 

 
Na parte plastica a idea foi ir creando unha obra que recollera o espiritu e a vivenvia desta experiencia e da festa da rue Pasteur… empezamos atopando un taboleiro da rua, logo apareceron papeis enormes de publicidade do metro, que serviron de base a pintura… a pintura foi cedida pola Maison de Quartier, unha verdadeira casa/fogar para o barrio e para nos eses dias… amabilidade, optimismo e xenerosidade sentidas nese espazo de encontro e aprendizaxes, graci;as. O xoves e o venres fun empezando a pintar na rua, acompanhada de persoas curiosas que se uniron a comentar, observar, informarse da festa e actividades e incluso dar algunha pincelada ao cadro. Para ir traballando nel o dia da festa según as sensacions, sons, cheiros, ruidos, imaxes, sentimentos… e asi se foi conformando a imaxe/obra que representa La Fete de la Rue Pasteur do 1 de abril de 2017.

 
A experiencia permitiunos compartir momentos de organización, preparativos, desenhos varios… conforme se achegaba o dia, conhecer dende preto unha asociacion que leva decadas traballando no barrio, un barrio en continua transformacion e tensions propias da confluencia de culturas diversas e duns tempos nos que ainda estamos aprendendo a convivir. Un reto que debemos abordar con humildade e optimismo nun mundo cambiante e dinamico , novo e ainda por construir.

Lost in translation en certos momentos e con caos organizatorio propio de calquer evento dos que levo vividos ata agora, nada que me sorprendera en negativo, e si esperanza cara ao encontro e conhecemento da diversidade dende o respeto.

 
Compartovos algunhas imaxes, das poucas que tomei, xa que tiven lio dabondo …. imaxes de traballo, convivencia, festa… mais as ligazons aos traballos das companheiras do Cirque da Galicie, e asociacions rue pasteur.
Gracias companheiras Anxela, Blanca, Natalie, Vanessa, Davinia e Moncho pola vosa companha e momentos compartidos.


Anxela Blanco 

Blanca Blanco

Moncho Varela e Davinia / Colectivo Toxo


Vanessa Rivas/ Lili Gruyere

Natali Schaevers

Chez Madeleine,  l'association Échanges, Maison de Quartier
 


       
 fotografias de Moncho Varela