martes, 30 de maio de 2017

en Xullo Veran e Arte e máis obradoiros








Este Xullo 2017 repetiremos nova sesión de Verán e Arte, obradoiro infantil no estilo do tallerdepolo:  achegándonos á Artes Plásticas e á Historia da Arte dende a creación dun espazo de crecemento persoal para tódolxs participantes. Compartindo dende e co barrio a experiencia, tratando de ser-facernos  conscientes das nosas aprendizaxes e das vivencias compartidas.
En Xullo   ofreceremos obradoiros moi  diferentes e seguro algún che pode interesar; tanto o obradoiro infantil, a exploración interxeracional, ou obradoiros en colaboración coa asociación veciñal dende o obxectivo de achegar ao barrio experiencias novas:





Taller Infantil Verán e Arte e un achegamento as Artes Plásticas a través de  diferentes artistas da Historia da Arte clásica e contemporánea. Inspirándonos nas súas obras iniciaremos os nosos propios procesos creativos, de maneira individual e/ou como grupo, sempre dende a creación dun espazo de respecto que nos permita sacar o mellor de nós mesmas. Pensado para persoas a partir de seis anos.
Será os xoves pola mañá de 11,00 a 13,30 horas cun custo de 50€/participante (materiais incluídos no prezo) e desconto a familiares, tamén hai unha bolsa tallerdepolo (sempre que nos xuntemos un mínimo de participantes). Infórmate!



Xoves Creativos, propoñemos unha mestura interxeracional na que xs participantes se dispoñan a reflexionar e xogar xuntas. Abordaremos distintos movementos e obras da Historia da Arte como inicio das nosas investigacións e creacións. Será nas tardes do xoves de 18,00 a 20,00 horas (aproximadamente, podemos flexibilizar) cun custe de 45€/participante (materiais incluídos no prezo) e desconto a familiares, tamén hai unha bolsa tallerdepolo (sempre que nos xuntemos un mínimo de participantes). Infórmate!





Técnicas de óleo e acrílico, coñecer as posibilidades que nos proporcionan estas técnicas elaborando o teu primeiro cadro. Ou seguir avanzando e perfeccionando os traballos pendentes do curso. Haberá clases no horario de mañá 10;30 a 12;30 e de tarde 17;00 a 20;00 horas, ti anótate no horario que máis che conveña!!

Información de obradoiros en tallerdepolo@hotmail.com ou no

telf. 617 293 024







As tardes dos martes en colaboración coa Asociación Veciñal Oza, Gaiteira Os Castros, de 18,30-20,00 horas(aproximado) temos previstos tres obradoiros, que se realizarán no local da Asociación, rúa Merced, 56- baixo:





Martes 4 de Xullo

-“Taller de Arte en familias co tallerdepolo” unha experiencia dunha hora de duración para compartir todas as idades; conxuntamente as personiñas máis novas (con acompañante) e adultos traballaremos conxuntamente, dende e cos sentidos, sentimentos e cores... .

Máximo dez participantes, prezo 5€ /participante (menores de 4 anos conta como unidade coa persoa acompañante, mínimo seis participantes).





Martes 11 de Xullo

-Todxs a debuxar!!! Moitas persoas van deixando atrás o debuxo como si non lles pertencera esa posibilidade de expresión, bloqueando así unha parte importante das súas capacidades creativas e expresivas. A idea de este taller xurde de recuperar, para as persoas que temen achegarse ao debuxo, pintura ... e Artes Plásticas en xeral, o desfrute de esta linguaxe que é unha dimensión máis do ser humano.

A través de diversos exercicios traballaremos en grupo(e individualmente) xogando e recuperando ese camiño expresivo que está en tod@s nós e que non debemos perder.

Cunha hora e media aproximada de duración desfrutaremos dun taller onde o traballo plástico e artístico irá intercalado de varias dinámicas de grupo que potencien a intrepidez e espontaneidade. Recomendado a partir de oito anos, dispoñemos de dez prazas cun custe de 5€/participante(mínimo seis participantes), materiais incluídos.



Martes 18 de Xullo

-”O noso autorretrato Quen es ti? E por que te defines como te defines?

Cales son esas dimensións clave que crean a nosa identidade? A través de este taller de artes plásticas exploraremos o noso interior; unha mirada ao que nos constrúe e nos define. A través da obra de distintos artistas iremos expresando dimensións da existencia, para despois verter as nosas sensacións e conexións nunha obra que nos defina, que nos retrate.

Unha hora e media(aproximadamente) de taller para a introspección e o xogo plástico, para achegarse á Historia da Arte e a complexidade das emocións que nos habitan.



Dispoñibles un máximo de dez prazas (mínimo seis participantes), 5€/participante (materiais incluídos), a partir de dez anos ata infinito.

Infórmate e inscríbete a través do tallerdepolo ou da Asociación Veciñal Oza, Gaiteira Os Castros.







domingo, 28 de maio de 2017

Gyotaku no tallerdepolo




















Logo toca mover e colocar os peixes, limpalos un pouquiño, darlles as gracias por estar aí presentes (tan vivos na non-vida), aplicarlles coidadosamente a tinta chinesa e logo cubrilos co papel de arroz pra acaricialos suavemente e que nos agasallen coa súa pegada entintada. Un exercicio fácil e emocionante para as persoas participantes; incluso as que senten noxo cos peixes argallan o xeito de estampar e botan uns sorrisos no proceso.























O último capítulo ven sendo que me frito os peixes e mos como... non os penso tirar ;)  algún sabe un pouco a tinta, pero están boísimos!!!






















mércores, 24 de maio de 2017

Visita a Pontevedra







De cando en vez saímos de visita a coñecer museos, historia e historias... coñecernos máis e desfrutar dun día de festa e descanso en grupo. Desta volta coñecemos "a cidade dos nenos" galega, premiada polo seu urbanismo respectuoso dos peóns, das persoas que nos movemos a pé, das persoas máis cativiñas, as que teñen mobilidade limitada e de todas en xeral.... Un día súper caloroso fomos escoller(trinta e pico grados), aínda así a excursión foi moi fermosa e tranquila, con moita información recollida sobre a cidade e unha visita ao Museo Provincial que conta con obras ben interesantes.














Un momento que se me quedou gravado foi na entrada á sala de Arte Antiga a cara de Angel (de cinco anos) ao ver un santo en madeira policromada de arredor dun metro cincuenta "acribillado" por varias frechas, con todo luxo de detalles; sangue, feridas, expresión de sufrimento...  deume moito que pensar... nin se me ocorrería censurar a entrada ós museos ou censurar as obras que se expoñen... pensei no acostumados que estamos á violencia, incluso dende o ámbito relixioso; damos por feito esa dor e esas torturas como algo que forma parte do cotiá... non sei se me explico... o que me turbou foi esa inocencia estragada-sorprendida por ese golpe de violencia e dor, e que non se nos ocorrera -aos adultos- prever esa posibilidade ...











Aquí quedan xogando, xogando e descubrindo o mundo... un mundo coas súas luces e sombras...


































































domingo, 21 de maio de 2017

TECER HISTORIAS, vinculando barrios a través da arte






As artistas coruñesas Angeles D. Seoane, Nuria Mosqueira (taller de Arte Plano Pementa) e Polo (tallerdepolo) propoñen a conexión de dous barrios da cidade a través das artes. O 17 de Maio ao longo da tarde realizamos unha acción artística na que se implicou e animou a participar aos habitantes dos barrios de Os Castros e Catro Camiños, recollendo pedazos das historias das súas vidas pra que deran froito nas catro árbores que conformaron un circuito entre ámbolos dous barrios.
A partir das cinco da tarde e ata as oito da noite propuxemos ás persoas que se quixeran achegar a estas árbores, conectarse a través das artes coa veciñanza e co barrio. Realizamos un circuito de barrio a barrio recollendo textos, anacos de historias e creando as participantes outras novas.


Os talleres Plano Pementa e tallerdepolo, propuxemos así unha posta en valor das artes e das capacidades creativas dos habitantes da Coruña, dinamizando os barrios e poñéndoos en relación. Todo isto nun día tan importante como é o Dia das Letras Galegas, ensalzando a literatura e a lingua, vehiculos de entendemento e construcción cultural.

Graciñas por participar, por compartir tempo, ilusión e vida... un pracer compartir iniciativa con Plano Pementa, un espazo moi recomendable e necesario na cidade.

























































 fotos de Plano Pementa:








 
INSTRUCCIONS

Pensa na túa vida. A túa vida é unha historia, conformada de distintos momentos e anécdotas con posibles comezos e posibles finais…

Toma unha cartolina e escribe o comezo, ou un dos comezos, da historia que é a túa vida.

Escribe só o comezo, deixa que outras arbores continúen a historia...
Unha vez escrito so tes que deixala colgada da Arbore dos Comezos, e formará parte dunha nova historia.

Lembrarche que hai unha Arbore dos Comezos(Os Castros), unha Arbore dos Finais (Fernandez Latorre) e dúas Arbores das Historias (Fábrica de Tabacos e comezo da Gaiteira).
Podes facer o percorrido tecendo novas historias, a partir das sete da tarde podes ir recollendo os anacos de comezo/historia/historia e final conformando así unha nova aventura.




http://www.planopementa.com/
https://www.facebook.com/planopementa/?fref=ts
https://www.facebook.com/taller.depolo









sábado, 13 de maio de 2017

Tecer Historias, vinculando barrios a traves das artes


Plantexamoste tecer historias vivas e persoais a traves das arbores e do azar.
Nun dos barrios estara a Arbore dos Comezos, onde te proponhemos nos contes un comezo (da tua historia persoal) no outro barrio estara a Arbore dos Finais, onde a proposta e imaxinar finais a tua historia, ou que a trascendan… E, entre estas arbores teras Arbores das Historias onde escribir parrafos da tua historia….

Tanto comezos , finais e demais parrafos quedaran colgando das arbores durante unhas horas esperando a conformarse de novo en outras posibles historias froito do azar. Pasea pola ruta das arbores que maduran historias, historias vivas froitas de persoas que transitan a cidade….

Esperamos verte entre Os Castros e Catro Caminhos: as habitantes de Plano Pementa e do tallerdepolo estaremos colleitando anacos de barrio, anacos de vidas... compartindo este dia especial 17 de maio, dia das letras galegas.



 
Imos recolectar anacos de vida. As nosas vidas son historias dignas de contarse. As nosas vidas estan conformadas por pequenas historias de maior ou menor intensidade. Historias que nos forman-conforman, construen e destruen. O noso comezo e anterior ao noso existir e a nosa historia continuara mais ala da nosa vida... Desprender anacos de vida-historia.

Mentres, as arbores encheranse de pequenos parrafos, minutos, horas, dias... lembranzas, anecdotas, ... das xentes que habitan este espazo entre barrios... unha accion artistica compartida entre as xentes do barrio e por suposto: esperamoste a ti !!!

tallerdepolo compartindo-ideando coas companheiras de Plano Pementa, un pracer:
http://www.planopementa.com/






xoves, 11 de maio de 2017

Taller de Arte en Familias




O sábado 13 estaremos en ReCréate La Plaza, Centro de Dia e Centro de Ocio onde realizaremos un taller para distintas idades a traballar conxuntamente coas artes. Iremos da man do proxecto Marina Nai de Dia, que expoñerá o seu ideario para iniciar o primeiro centro Nai de Dia na cidade coruñesa. Se queredes mais informacion non dubidedes en contactar:
Esperamos vervos por alí!





domingo, 7 de maio de 2017

Fai o teu papel reciclado


Este sábado pasado tivemos obradoiro especial: da man de Lucia ReciclArte achegámonos ao mundo da reciclaxe de papel e as súas posibilidades... tróuxonos pulpa de papel de cores, ferramentas sinxelas para facer papel a partir de xornais ou outros papeis vellos, libros interesantes, fixemos papeis mesturados con pétalos ou follas secas, etc.

Foi unha xornada de tarde intensa, rebuldeira e co barullo dxs mais picariños, que contaron coa complicidade dxs maiores. Unha xornada que tanto Lucia como eu disfrutamos moito, e desexamos que tódolxs participantes tamén a viviran como divertida e enriquecedora.

Esperamos repetir experiencia o próximo curso, así que prestade atención ao blogue e non deixedes pasar a oportunidade de aprender a facer o voso propio papel especial en grupo, de maneira amena e sinxela  ;)


































Unha das persoas participantes do curso, Lucia, nos envia estas fotos dos papeis a secar e papeis xa sequinhos listos para "alisar-planchar" e usar!! gracinhas polas fotos!