mércores, 30 de agosto de 2017

a partir de setembro novo curso...


Lembrarvos que a partir de setembro volvemos a clase no tallerdepolo: clases de óleo, acrílico, acuarela, debuxo... distintos grupos e distintos ritmos de aprendizaxe todos os días da semana.
E para @s mais peques talleres de artes plásticas onde desenvolver a sua creatividade, venres e sábados.

Infórmate e anótate en talledepolo@hotmail.com ou no telefono 617 293 024, tamén en Monte das Moas 17-baixo. 





Con nós poderás aprender os fundamentos do debuxo, de técnicas como o óleo, acrílico, acuarela,... divertirte e medrar con outras técnicas e experimentos.... ademais realizamos distintas actividades (como visitas e excursións a entornos relacionados coa pintura e as artes) e promovemos o crecemento artístico e persoal do noso alumnado.




 











Esperámoste!!! 





 


mércores, 23 de agosto de 2017

Pequeno Mundo no Autoban


O venres 11 e sábado 12 de agosto participamos nunha edición do Autoban, un festival-feira de auto-edición de banda deseñada, fanzine e creacións varias ... unha experiencia moi interesante para coñecer persoas creativas, que debuxan e inventan as historias do mais incrible e sorprendente. Oportunidade para as participantes do fanzine Pequeno Mundo para descubrir outros modos de facer, debuxar, expoñer ideas...

O venres fixemos unha mini presentación sobre o proceso de realización do noso fanzine Pequeno Mundo e o sábado pasamos o dia completo de feira, na rúa Orzan, compartindo con moit@s participantes do evento e visitantes curiosos...

Agradecer a curiosidade e interese mostrado polo publico asistente polo noso traballo, agradecer os trocos e propostas que están por vir a enredarnos en lios sin fin ... agradecer ao Autoban en nome dxs participantes do Pequeno Mundo, que estamos descubrindo outros/novos Pequenos e Grandes Mundos... 













E lembrarvos que aínda nos quedan uns poucos exemplares de Pequeno Mundo para vos !!! podédelos atopar en Crispe, Sementa ou tallerdepolo, no barrio de Os Castros :)
 
http://autoban-bd.tumblr.com/


mércores, 16 de agosto de 2017

obradoiro Cor-Forma na Fundacion L. Seoane


O sábado 5 de agosto Plano Pementa e tallerdepolo realizamos un obradoiro para tódalas idades na Fundación Luis Seoane, con motivo da realización dunha nova edición da feira Eira das Artes. Un taller que nos poñia en relación coa exposición de Carlos Macia "a necesidade da cor”, unha exploración sobre a cor e o espazo: a cor en relación a arquitectura, a pintura fora do seu marco clásico... foi unha linda experiencia preparada para tódalas idades, e ali tivemos uns participantes (a partir de dous anos) que mostraron moitas ganas de traballar e sobre todo, de deixarse levar polas cores...

Tanto Candela coma eu pasamos unha maña,e un dia, moi acolledor nese espazo tan fermoso que e o da Fundación Luis Seoane, acompañados de moita xente creativa, música, poesía, ... 

https://www.facebook.com/planopementa/









 fotografias de Tocamadera artesania https://www.facebook.com/tocamaderagalega/




O espazo quedou cheo de cores!!

https://www.facebook.com/Eira-das-Artes-331140630615262/

https://www.facebook.com/acontornaac/






mércores, 2 de agosto de 2017

veran e arte II

Outros visitantes neste verán e arte foron Yasumasa Morimura ou J. Pollock. Traballamos este mes co auto-referencial, coa mirada posta en nos... dende diferentes ángulos. Morimura permitenos ponher en relación o eu/o noso corpo coa obra de outro artista que nos interese e apropiarnos dela así como revisarnos en relación a esa obra, elixida por nos.  J. Pollock nos leva a territorios de corpo, danza e pintura de maneira liberadora... bo complemento para estas xornadas. E por ultimo, a visita de Eros levanos de novo ao corpo, ao propio corpo como lenzo, como posibilidade pictórica... un remate fantástico para un ano mais de verán e arte, e quedamos listos para outra!! 


Martin e o seu traballo mestura picasso-morimura


 Gabi a lo "morimura-mestura"






 Sandra e Xoel en accion morimura/mestura



 J. Pollock desta volta non deu problemas coa posibilidade de mancharse :)











para finalizar verán e arte invitamos a Eros a que nos pintara un pouco,  todxs contentas de pintarse e desenhar un debuxo para o propio corpo. 
 https://www.facebook.com/erg.killo 






martes, 1 de agosto de 2017

veran e arte I

Nova edición de verán e arte, con novxs e intrépidos participantes. Outro mes de xullo en boa companha e moito barullo. De novo xogando con movementos artisticos e diferentes artistas que re-visitamos ao noso ritmo e dende as nosas miradas... tan diferentes unhas das outras. Tendo a fortuna de contar coa finca do nispero cerquinha, que nos deu moito xogo e ledicia. 












 moucho con gafas, obra de land art de Martin
 


 O ninho, obra de land art de Sandra
 


 tirachinas, obra de land art de Gabi
 


 Serpe, obra de Angel