martes, 28 de novembro de 2017

micro talleres no Culturgal


Esta findesemana estaremos en Pontevedra na Culturgal. No espazo do tallerdepolo ao longo dos tres días de feira ofrecémosche información sobre o noso traballo, creacións propias como o Fanzine Pequeno Mundo, acuarelas e cadernos orixinais, e temos programados varios micro-talleres, anótate e reserva un ratiño para participar. 




VENRES 1D, Á TARDE

Obradoiro ApeixeríaBotana” (a partir das 17 horas, dispoñible ata esgotar materiais) para maiores de cinco anos.

O pintor do mar, Carlos Botana, descríbenos o mundo mariño cheo de detalles, puntos, liñas, ondas, movementos, escamas, mirar-aberto, encontro-de-especies, ... aprendemos de el , do seu estilo e do seu ollar para recrear nós tamén un peixe dos que habitan as augas galegas. O entendemento das formas, a observación e o gusto por compoñelas no espazo do papel, dando vida a un novo peixe nun contexto creado por ti.


SÁBADO 2D, Á TARDE

GYOTAKU-micro” (as 17 horas, ata esgotar materiais) monotipo de estampaxe oriental que se realiza con peixes. A partir de cinco anos.

Os peixes deixan a súa pegada de tinta sobre o papel de arroz, mentres ti acaricias a súa anatomía e te apropias do seu corpo, da pegada... o Gyotaku é unha técnica oriental de estampaxe creada antes do nacemento da fotografía para acreditar as historias de pesca.


DOMINGO 3D, ao longo do día. 
 
micro-colaxes” ao longo do día ofrecémoste obradoiros de colaxe: a partir de imaxes de revistas, pinturas, verbas,... recortar, re-interpretar e pegar. Unha sesión de mañá (de doce a dúas) e pola tarde a partir das cinco ata as sete. Podes facer o micro-colaxe en familias.

Cort.arte” obradoiro no que re-interpretarás obras de coñecidos pintores para crear algo novo, que nos faga pensar/sorprendernos, a partir de cinco anos. 
 
Cor.tempo” obradoiro para adultos no que dialogar co paso do tempo, estruturas creadas para o cotiá, o paso dos días...

http://culturgal.com/expositores/


Esperámoste co fanzine Pequeno Mundo, info sobre o tallerdepolo e as nosas actividades, acuarelas orixinais con recunchos de Galicia, cadernos de Reciclarte, ...
Visítanos e comparte con nós esta experiencia, comparte algún momento micro-taller ou unha conversa con calma... 








 

 

luns, 20 de novembro de 2017

work in progress...


Para finais de ano temos varios proxectos en marcha...
 
--O Proxecto Kaka naceu dun enfado, debido a eses momentos de subidón escatolóxico que a veces ocorren na clase dos mais peques... para incorporar ese gusto pola caca e tamén pedirlles desculpas polo meu non-gusto polas cacas que lles “corta o rollo”, xurdiu a proposta de modelar cacas de barro para facerlles moldes e logo reproducilas... a idea é deseñar coas reproducións que fagamos unha instalación ou outra proposta que naza no proceso. Mentres coñeceron a Manzoni e a sua merda enlatada: miles de posibilidades que temos por diante ;) 

 

 





--O decorado do stand para o Culturgal: un lio de caixas e deseños de cada unha de nós que achegarán o tallerdepolo a Pontevedra. Case listo está ! 









--Estamos en proceso de organización do próximo Taller Aberto coa Mirada artista dxs máis peques, para o que están xa traballando e deseñando o que acontecerá os días 22 e 23 de Decembro. Ídevos preparando! 

 






mércores, 15 de novembro de 2017

Clases de óleo e acrílico


Durante a semana varios grupos de aprendizaxe de pintura ao óleo ou pintura con acrílico van avanzando pouco a pouco cara os seus obxectivos. Cada persoa elixe os seus temas, segundo os seus intereses, coñecementos, ... ou desexos deses que quedaron sen realizar e agora é o momento de facelos realidade. Trátase de explorar esa parte creativa e manual, de observación, tenacidade e satisfacción polo feito por un mesmo ao tempo que compartimos con outras persoas o gusto polas artes, as cores, as novas aprendizaxes... 

 Allos e cebolas de Pili G. Veira
 


Momentinhos de charla... sen perder o traballo de vista ;)
 Natalia e o seu Faro

Manolo non descansa... 

Lino avanza nas dornas

Pepita se estrea con nós, e ten pendente ver o orixinal en directo, pronto ;)





os sobrinhos de Pam han quedar ben contentos :)



Como Coruña está de moda coa expo de Lita Cabellut, pois decidimos ir facendo unha primeira visita en grupo e explorar un pouco a sua obra... pasamos unha tarde estupenda no Museo de Arte Contemporáneo/Fundación Gas Natural Fenosa. Estas visitas a exposicións, museos,... forman parte da nosa aprendizaxe e enriquecen moito a nosa visión e relación cxs companheirxs.
 



http://www.litacabellut.com/
 

luns, 13 de novembro de 2017

Esperámoste no Culturgal!

Imos participar por primeira vez na feira da cultura galega Culturgal, que ten lugar o 1, 2 e 3 de Decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Pecharemos uns días o tallerdepolo en Os Castros para abrilo en Pontevedra, onde ofreceremos micro-talleres a aquelas persoas interesadas nas artes que se acheguen a visitarnos no noso stand. 

Un stand que estamos decorando entre todo o alumnado e amigxs do taller :) 
seguiremos informando ...

 


domingo, 12 de novembro de 2017

Obradoiro de Iniciacion Experimentacion Acuarela



Como algunhas sabedes, levo xa anos facendo acuarelas que son recunchos ou detalles de viaxes, dos barrios da cidade coruñesa.... desfruto moito con esta técnica e tiven ocasión de compartir a miña experiencia mediante un obradoiro exprés . 



 
O sábado 11 de novembro desfrutamos dunha deliciosa tarde en Plano Pementa impartindo un curso de tres horas de Iniciación-Exploración do mundo da Acuarela. Achegámonos á acuarela dende a liberdade de experimentar e xogar coa auga de maneira divertida, coñecendo diferentes materiais e trucos que nos animen a seguir facendo desta técnica unha das nosas ferramentas de expresión.



Esta é unha técnica que ten moitas vantaxes; fácil de empregar en espazos pequenos, no exterior ou en movemento; boa para apuntes rápidos, para persoas que queiran empregar materiais mais naturais sen olor, transparente e luminosa, ... 

 
Durante a tarde coñecemos o traballo húmido sobre húmido, húmido sobre seco, varias formas de reservas, recuperar brancos, facer texturas... e perdelo medo a experimentar e xogar cos materiais xa que o medo, dende a miña opinión é un gran bloqueador da aprendizaxe. Aínda que a acuarela se presenta como unha técnica complexa de aprender e usar ten unha dimensión de azar, sorpresa e non-control que podemos incorporar tanto na aprendizaxe como no acabado das nosas obras/traballos; igual que na vida hai algunha parte incontrolable por nós, que podemos asumir como parte da experiencia e dotala de novos significados.
Dar as gracias a Ángeles Díaz pola sua invitación e hospitalidade asi como ao grupo participante pola sua atención e enerxía motivadora. Un pracer mozas! 

 













 como vedes unha tarde chea de cor!!! 

martes, 7 de novembro de 2017

traballando duro cada semana :)


Seguimos por aquí, traballando cada semana nos nosos debuxos e proxectos... vendo como a rapazada vai mudando e avanzando, abríndose as posibilidades que as artes lles ofrecen, xogando e traballando duro tamén.


 
Avances como os de Cloe que é capaz de facernos a seguinte proposta de bodegon de froitas: dúas mandarinas e unha feixoa, situadas dúas atrás e a outra diante (en distintos planos). A sua proposta consiste en debuxar as mandarinas nunha cara do cartón e a feixoa no outro lado, detrás.  :)  super!
 



 
Coñecemos estes días a Esther Ferrer http://estherferrer.fr/es/ e xogamos con ela un pouco :)




Carlota está realizando a sua propia investigación


E os venres tamén traballan duro no debuxo mais formal...

Alan
 



 Antón


 Cloe
 Dani

Dani traballando libre sobre a pintura



Cloe nos mostra a clase ;)






venres, 3 de novembro de 2017

Obradoiro de Acuarela, IniciaciónExperimentación



 
Compártovos unha proposta de taller! un taller Expréss en Plano Pementa de Iniciacion a acuarela 
http://tallerdepoloacuarela.blogspot.com.es/
 

Trátase dun Obradoiro de Iniciación e Experimentación con ACUARELA.
A través de sinxelos exercicios achegarémonos as bases da acuarela: materiais, aguadas, húmido sobre húmido, reservas, fondos, transparencias/veladuras, incorporar o imprevisto/improvisar, definir detalles sobre seco, abstraccións... e todo o que podamos vivir e experimentar en tres horas de traballo e diversión.

Será no espazo artístico Plano Pementa (Castiñeiras de Abajo, 1-15006 A Coruña)
o sábado 11 de Novembro pola tarde: de 17,00 a 20,00 horas
o custe por participante é de 27 Euros (hai desconto para alumnado do tallerdepolo) e os materiais están incluídos.
inscribete en planopementa@gmail.com ou chamando a 881 884506
 

Anímate e ven a compartir unha tarde chea de auga e cor!! Esperámoste!