luns, 30 de abril de 2018

presentando xs compañeirxs !


Vouvos presentar un grupiño de persoas ben bo!



 
Traballamos o retrato a partir de distintos exemplos ( miramos dende Piero de la Francesca, Leonardo, Matisse e a señora coa raia verde, Alice Neel e os seus retratos da xente do barrio de Harlem, Basquiat irreverente, Velázquez, Artemisia Gentileschi, Bárbara Longhi, Mary Cassat, Julian Opie, L. Freud, ... ) maneiras varias de afrontar a pintura cada autora/autor dende a súa época e estilo. Nos colocamos enfronte, por parellas ou en grupos, para observar, coñecernos un pouco mais e retratar á nosa/noso compi de pintura.


 Ulises,dende a mirada de Angel  e
Angel , dende a mirada de ULises




 Laura,dende a mirada de Iria e 
Iria dende a mirada de Laura

 Antón, dende a mirada de Xoel e, 
 Xoel visto por Lola


 

  Lola, dende a mirada de Martín e
 Martín dende a mirada de Sandra



 Polo dende a mirada de Antón e
 Antón dende a mirada de Polo


Carlota, dende a mirada de Paula e
Paula, dende a mirada de Carlota


Tes datos abondo pra coñecernos ben: ou polo noso retrato ou pola maneira que temos de mirar ao outrx ... ;)






sábado, 28 de abril de 2018

Taller de arte+emoción, no Centro de Información á Muller, da man de Atalaia Social


A miña historia de vida foi complicada (como a de moitas persoas) e iso me fai pensar no momento presente, tratar de ser consciente do agora (digo tratar porque é moi difícil estar/ser ao minuto/no momento presente). Por nada do mundo volvía eu ao pasado, teño o presente: trato de que sexa consciente e coherente, o mais posible co meu pensar, é difícil, pero trato de facelo así. 
 
A vida me vai construíndo e eu me vou re-construíndo, segura de que podo crear andamios, vigas e fachadas que me den consistencia e apoio. Un dos alicerces da miña historia foi o descubrimento da arte, das artes plásticas, da pintura ... e iso é algo que quero compartir, porque sei que as artes teñen unha cualidade netamente humana que pode axudar a dar sentido ao estar/ser. 
 
Por isto, cando teño a oportunidade de dar un taller especial, como un taller de arte + emoción, no Centro de Información á Muller, da man de Atalaia Social, e compartir a miña experiencia de vida con persoas que, coma min, avanzan deixando atrás un pasado que doe;
sinto que me fan un agasallo, que me volven a un presente xeneroso no que hai moito por facer... 

Foi unha tarde divertida e cálida, agradecida :) 

https://www.facebook.com/AtalaiaSocial/









 
 

venres, 27 de abril de 2018

aviso importante: cambio de email

bo dia! 

un AVISO IMPORTANTE:
hai problemas coa conta de email que usamos normalmente polo que, a partir de agora  localízanos en polotallerdepolo@gmail.com  !!


tamén sentir que perdemos un montón de contactos que tinhamos nesa conta :(



lembrarvos que temos en marcha os proxectos:

En Nocturnia podes anotarte a partir do luns ao divertido taller estampando peixes, Gyotaku  
se tes problemas coa inscripcion contacta con tallerdepolo, a través agora do email polotallerdepolo@gmail.com ou do tlf. 617293024





e o proxecto de mail art Neighborhood, barrio ao que podedes enviar os vosos aportes ou estar atentxs porque iremos realizando actividades e obradoiros de balde, nos que compartir esta experiencia con vos.... + info seguindo os blogs do tallerdepolo ou 
http://mailartbarrio.blogspot.com.es/

lembrade novo email   polotallerdepolo@gmail.com 





sábado, 21 de abril de 2018

óleo en abril


En abril xa temos mais luz, mais enerxía, nótase a chegada da primavera e con ela chega tamén o remate de eses traballos que levan tempo “no forno”.
O clima permítenos soñar con novos retos e con días de praia , nós soñamos :
 
Compártovos unhas imaxes da ilusión e a tenacidade duns pintores e pintoras que semana a semana, dan pasos e zancadas seguindo cada unha/un as súas derivas creativas. 


 Ana C. traballando duro nun retrato


 Angela M. , camiño do faro



Maite,  probando acrílico sobre cartón

 Manolo e M. Alonso, os dous son pacientes, moito.


asi como Africa , cos seus paxaros 






experiencias vexetais, encontros na fase verde  :) 

 
Tamén fixemos unha saída co alumnado do tallerdepolo o dia 7 de abril, aproveitando que moitxs artistas da cidade abrían as portas dos seus talleres. Boa ocasión para aprender, achegarnos as artistas do noso barrio e outros barrios, abrir as nosas mentes e ser moi ben recibidas nos lugares por onde pasamos.

 


   empezamos con obras de Polo, no tallerdepolo, claro 
 http://poloepolo.tumblr.com/



seguimos cos nosos veciños  El Chano, que nos recibiu con moito amor e paciencia ;)  quedamos fascinadas! 

 https://www.todocoleccion.net/arte-pintura-oleo/obra-autor-chano-coruna-2018~x110230051



logo  o taller de Benito Freire, con fotos de Isra Cubillo 

http://benitofreire.com/

http://isracubillo.com/


e nos Castros podemos atopar o taller de Tatiana Medal, interesantes traballos  que nos sorprenderon nun agochado recuncho da Merced . Descubrir un patio tan verde en medio do barrio: outra sorpresa!

http://tatianamedal.es/





 xa pola tarde fixemos unha visita ao noso amigo e cómplice Carlos Botana, artista invitado no taller de  Chelo Facal e Roque 

 http://carlosbotana.blogspot.com.es/



e seguimos ruta con Bego Tojo (gracias pola túa amabilidade e tempo) ...


http://www.begotojo.com/





Manuel Suarez    http://www.manuelsuarezcasal.com/

  

e xa rematamos en Monte Alto, onde se sitúan boa parte de talleres , nunha ruta moi concorrida  pola veciñanza coruñesa . 
visitamos ao escultor en madeira J. Mendez, que expuxo a súa obra no primeiro Taller Aberto nos Castros


visitamos a Davinia e a súa escola de circo, unha iniciativa súper linda para a rapazada, artistas conectando as artes coa educación e formación.



Unha xornada ben interesante que repetiremos pro vindeiro ano, preparando un calzado deportivo, un bloc de notas e outros tips de ruta artística.
 

martes, 17 de abril de 2018

Chegaron as campás!


Como sabedes, co recadado co noso fanzine Pequeno Mundo decidimos facer un obradoiro todxs xuntos, e lanzámonos á aventura de iniciarnos na cerámica que veu da man de Susana G. Amado, ceramista e promotora do obradoiro Terralume Cerámica.  
http://terralume.es/

Unha experiencia súper interesante, que nos abriu a porta a un oficio complexo e a un mundo novo, ben guiadas/os polas expertas mans de Susana que nos acompañou en dúas sesións: unha de modelado do barro e outra de engobes. Quedou nas súas mans a cocción das pezas (campás) que esta semana recibimos ilusionadxs e que imos montando a modiño para escoitar música froito do traballo conxunto; primeiro co fanzine e logo con Susana e Carlos, en Terralume. 















domingo, 15 de abril de 2018

Taller especial en noite de sábado, nocturnia


O sábado 5 de maio as 21:00 horas, o tallerdepolo realizará un obradoiro gratuíto para o publico asistente: actividade enmarcada no programa Nocturnia , de ocio diferente para as noites da mocidade. Invítovos a unirvos e participar nesta divertida xuntanza de tinta, peixes e estampa : unha noite de sábado distinta!

A estampa xaponesa Gyotaku é unha antiga técnica que emprega peixes de verdade como inicio de fermosas estampas gráficas, ás que se poden engadir melloras ou novos elementos. E unha forma de estampaxe moi estendida nalgúns países asiáticos. Practicada por artistas, pescadores é tamén unha actividade moi popular nas escolas, en festas e programas turísticos de zonas costeiras. Trátase dunha experiencia creativa que mestura o rexistro documental coa diversión e o recoñecemento de distintas especies mariñas.  





 
TALLER DE ESTAMPACION GYOTAKU
CANDO? SÁBADO, 5/ MAIO/ 2018
A QUE HORA? DE 21: 00 A 23:00 HORAS
15 PRAZAS- DE IDADES DE 12 A 30 ANOS
ONDE? ESPAZO DE INICIATIVAS XUVENIS
QUEN DINAMIZA? tallerdepolo ( http://tallerdepolo.blogspot.com.es/




Para inscribirte tes que estar atento as novas de Nocturnia, na paxina do cmix, www.coruna.gal/cmix . A inscrición ábrese o luns previo á actividade e pecha o xoves ás 12 da mañá . Para dúbidas chama ao 981 184 294 ou escribe a nocturniacoruna@gmail.com ou contacta co polotallerdepolo@gmail.com / 617 293 024

 Se che gustan as artes e a natureza, e tes ganas de pasar un sábado distinto apúntate !!! 


 

sábado, 14 de abril de 2018

rematando os nosos cadernos de artista con Toca Madera


O pasado venres aprendemos a encadernar, a coser os nosos traballos para o caderno de artista que tiñamos en marcha, e foi gracias á colaboración do taller artesanal Toca Madera, un proxecto moi interesante que xunta artesanía, cultura e coidado do medio ambiente/ reciclaxe.
 
As dúas integrantes de Toca Madera mostráronnos o seu traballo, aprendéronnos a encadernar, ensináronnos os materiais que utilizan para facer a súa artesanía e explicáronnos a súa filosofía de traballo, que ten moito que ver co medio ambiente e a reciclaxe xa que recuperan papeis e madeiras das caixas de froitas para facer fermosos cadernos, albumes, etc. nun interesante exercicio de re-invención e creatividade.











 
Agora que sabemos facer uns cadernos chulísimos podemos preparar os nosos propios cadernos para encher de debuxos, bosquexos, soños, propostas, poesías ....

Agradecer a marabillosa visita do taller artesanal Toca Madera, moitas gracias por compartir con nós saberes e experiencia!