sábado, 26 de maio de 2018

fotografía estenopeica , con @nomadphoto


O pasado venres recibimos a visita do artista-fotógrafo Oscar Górriz , que nos ensinou como funciona unha cámara estenopeica, para ledicia de todxs nós : maxiaaa!!! A maxia maior foi "posar" dous minutos completamente quietiños para a foto :)
Aínda que tirei unha ducia de fotos durante o obradoiro, a “maxia da tecnoloxía” fixo que nalgún momento se perderan os arquivos ... viva a fotografía estenopeica: só quedaron estas imaxes tomadas polo alumnado :) e as fotos subidas ao Instagram ;)

foto rescatada do Instagram  ;)
 





Foi unha xornada chea de maxia! gracias Óscar polo obradoiro e a túa compaña 

 

Pero si teño algunha foto de como vai indo a horta ! parada esta semana pola choiva, en canto salga o sol plantaremos algo mais ...






domingo, 20 de maio de 2018

Arte na rúa, día das letras galegas 2018


Celebramos o día das letras galegas na rúa, no barrio de Os Castros, achegando a arte á veciñanza.
Tocamadera e tallerdepolo compartimos xornada festiva; agradecémosvos as vosas visitas e cariño, que nos deron calor mentres non chegaba o sol.     :)
 
Sacamos a nosa convocatoria Neighborhood-barrio artepostal, ao sol e ao aire da rúa, sorprendendo ás persoas que se achegaron e aínda non coñecían esta curiosa practica artística. Tanto grandes como peques quedaron fascinadxs coa diversidade das propostas e variedade de lugares de procedencia :)
 
E TocaMadera deu forma a unha ruta de encadernación que nos levaba cara a Maria Victoria Moreno Márquez, a escritora, creadora e educadora homenaxeada nesta xornada das letras galegas. 




https://www.instagram.com/tocamaderagalega/
  https://es-es.facebook.com/tocamaderagalega/



foto de Iria L    
lembrade que a nosa convocatoria, da man de Carlos Botana (mailartista), Neighborhood International mail art project aínda está aberta; ata decembro podedes participar tamén ir seguindo as obras que nos chegan en

http://mailartbarrio.blogspot.com.es/


foto de Iria L   



 
foto de Iria L   

Aqui pillada a responsable destas ultimas fotos tan chulas, IriaL (iriaele)
https://www.instagram.com/iriaele/







 

venres, 18 de maio de 2018

supermaio! ... de sereshumanos, 2018


Maio ven cargado de seres humanos, complexos e variados...
Con Paula coñecemos Voo, a obra en proceso, de Ánxela Blanco, na Fundación Luis Seoane: xeneroso compartir o proceso creativo da súa peza con debuxantes da cidade que nos achegamos a desfrutar do Voo e traballar duro nunha sesión intensa e fermosa, enmarcados nunha residencia paraíso, colectivo rpm .


  
  
Recibimos no taller a visita de Antonio, que nos introduciu nas novas masculinidades a partir do libro The descent of man, do artista Greyson Perry, único ceramista galardoado co Premio Turner. Quedamos con dúas mensaxes importantes, que hai varias formas de ser home e o manifesto que nos deixa Greyson Perry, os dereitos dos homes:
-dereito a ser vulnerable
-dereito a ser débil
-dereito a cometer erros
-dereito a ser intuitivo
-dereito a non saber
-dereito a dubidar
-dereito a ser flexible
-dereito a non ter vergoña do anterior.

  
Tamén tivemos a visita de Mar Castro, que traballa como modelo profesional para artistas, escolas de arte, ...  e veu posar un anaco para nós. Estudar un pouco de anatomía humana, parar e observar atentamente as proporcións, o movemento do corpo,...  
Mar Castro :  maaremagnum@gmail.com 







 e aínda queda maio por diante, que seguro nos depara mais sorpresas e humanos por coñecer ... 





domingo, 13 de maio de 2018

arte na rúa no dia das letras galegas


 
 Un novo dia das letras galegas por celebrar, será o próximo xoves 17 de maio. Nós faremos festa e celebraremos a nosa lingua na rúa, na compaña do taller TocaMadera e da veciñanza que se achegue a participar nos talleres que vos propoñemos. 

 

 

Aproveitando que estamos na rúa , e que estamos no barrio a proposta do tallerdepolo é que realicedes o voso aporte para a convocatoria internacional de arte postal Neighborhood-barrio. Teremos para mostrarvos algunhas das obras recibidas xa, en relación ás dinámicas e construción do barrio/ dos barrios do mundo e poderedes achegarvos ao fascinante mundo da arte postal. 
 

O taller TocaMadera proponnos unha dinámica faino ti mesmo de encadernación súper divertida, coa que sairedes cun fermoso caderno listo para encher dos mellores desexos e debuxos que se vos ocorran. Non vos podedes perder esta ocasión de coñecer de cerca o proxecto e as propostas de artesanía TocaMadera. 
 

Quedades convidados a achegarvos, son obradoiros de balde (ata esgotar o material), abertos a toda a veciñanza e amigxs que queirades compartir este dia de festa no que se lembra a figura dunha muller, dunha mestra unha creadora de historias e moito mais... Peregrina Pérez (Maria Victoria Moreno Márquez).
Esperámosvos de 12 a 14 horas na rúa, enfronte da igrexa do Carme, excepto que o clima o impida faremos barrio con vós ! 


 https://www.instagram.com/tocamaderagalega/
 https://www.facebook.com/tocamaderagalega/
 

Taller para peques Verán é Arte





Este Xullo 2018 temos nova sesión de Verán é Arte, obradoiro infantil no estilo do tallerdepolo, achegándonos ás Artes Plásticas e á Historia da Arte dende a xeración dun espazo de crecemento artístico e persoal. Compartindo dende o barrio e co barrio a experiencia, tratando de ser-facernos conscientes das nosas aprendizaxes e das vivencias compartidas. Desta volta acompañarannos as integrantes do proxecto TocaMadera (reciclaxe e artesanía); con elas achegarémonos á sensibilidade pola natureza o coidado da vida natural e a reciclaxe.

 https://www.instagram.com/tocamaderagalega/
 https://www.facebook.com/tocamaderagalega/

 
Como nas edicións anteriores daremos importancia as sinerxías xeradas entre as participantes, ao desenvolvemento creativo individual e do grupo e ao seu enriquecemento en coñecementos artísticos e cultura visual, tan necesarias nunha época na que predomina a linguaxe visual como forma de comunicación/ propaganda/consumo/cultura, etc.

A nosa proposta é para os martes e xoves do mes de Xullo, en horario de 11:00 a 13:30 horas, para nenxs a partir de seis anos. O custe de todo o curso e de 65 euros/participante e se inclúen os materiais e pequena merenda (froita). 
 
Podes inscribirte en polotallerdepolo@gmail.com ou no tlf. 617293024








venres, 11 de maio de 2018

Gyotaku, estampando peixes en Nocturnia


A primeiros de maio tivemos oportunidade de desenvolver un obradoiro para mocidade de 12 a 30 anos, enmarcado no programa de lecer alternativo Nocturnia, un programa que leva anos en funcionamento e que pretende ofrecer á mocidade alternativas de relación e ocio nocturno.
Nós os propuxemos un obradoiro de estampaxe con peixes (Gyotaku), unha actividade moi frecuente noutros lugares do mundo, empregada nas escolas para dar a coñecer a vida mariña ao tempo que xogar e achegarse as artes plásticas.
Tivemos unha xornada moi tranquila e chea de tinta na que foi fermoso ver á rapazada ter contacto por primeira vez cos peixes e logo ser creativxs e xogar co papel e as tintas. Os resultado foron sorprendentes, algunhas imaxes que puiden sacar durante a xornada.













E estaban moi bos os peixes, mercados nunha das peixerías do barrio





xoves, 3 de maio de 2018

Retrato de Maruxa, “As mans da terra”


O retrato parte da mirada, pero como vimos na clase (debuxamos a partir do tacto, cos ollos tapados e podedes ver os resultados na foto, abaixodetodo) a mirada non está só nos ollos... partindo deste lugar imos facer o retrato de Maruxa , unha muller labrega (como moitas que temos coñecido) ás que lles tocou vivir unha dura época. A experiencia ven da man de Laura Rey Pasandín , que nos lee un anaco do seu libro “As mans da terra” , para que nos sirva de modelo, de inspiración... marabilloso momento para nós escoitar a voz dunha muller escritora, que nos conta sobre unha muller labrega e loitadora, que nos fala da memoria, do pasado, das costumes, das vidas... 
 https://nebedaclubelectura.wordpress.com/2018/04/19/laura-rey-pasandin-e-as-mans-da-terra/
 https://www.todostuslibros.com/autor/laura-rey-pasandin

  
 gracias Laura Rey  por compartir con nós a tarde e a túa voz... 

 
Mirade que retratos fixemos de Maruxa (sen vela, claro)



arriba Laura e abaixo Luisa, fixadevos no mandil de cadros de Maruxa



Lola ,pinta unha Maruxa mais abstracta ;)


Xoel, fixadevos como representa o pano na cabeza



Iria, pon un sorriso invertido, unha Maruxa dunha época dura


Angel, ponlle un mandilon, vedes? vedes outra cousa curiosa nesta Maruxa?





Maruxa faise presente entre nós na primavera, na horta que o amable veciño, nos ten sachada e lista pra encher de cor e vida 
#vecinosamables






debuxando cos ollos tapados, tamén podemos ver! :  o parecido entre os obxectos e os debuxos é moi moito!





Nestes momentos temos varixs marabillosas fotografxs ao redor do tallerdepolo, Iria é unha delas, ofrécenos momentos como iste... que a min se me escapan :) 
@iriaele   Iria Ele




martes, 1 de maio de 2018

apuntate ao taller de nocturnia, estampando peixes Gyotaku


 Xa esta aberta a inscrición para nocturnia!!! inscríbete!  :)


O sábado 5 de maio as 21:00 horas, o tallerdepolo realizará un obradoiro gratuíto para o publico asistente: actividade enmarcada no programa Nocturnia , de ocio diferente para as noites da mocidade. Invítovos a unirvos e participar nesta divertida xuntanza de tinta, peixes e estampa : unha noite de sábado distinta!

A estampa xaponesa Gyotaku é unha antiga técnica que emprega peixes de verdade como inicio de fermosas estampas gráficas, ás que se poden engadir melloras ou novos elementos. E unha forma de estampaxe moi estendida nalgúns países asiáticos. Practicada por artistas, pescadores é tamén unha actividade moi popular nas escolas, en festas e programas turísticos de zonas costeiras. Trátase dunha experiencia creativa que mestura o rexistro documental coa diversión e o recoñecemento de distintas especies mariñas.

TALLER DE ESTAMPACION GYOTAKU
CANDO? SÁBADO, 5/ MAIO/ 2018
A QUE HORA? DE 21: 00 A 23:00 HORAS
15 PRAZAS- DE IDADES DE 12 A 30 ANOS
ONDE? ESPAZO DE INICIATIVAS XUVENIS
QUEN DINAMIZA? tallerdepolo ( http://tallerdepolo.blogspot.com.es/)


Para inscribirte tes que estar atento as novas de Nocturnia, na paxina do cmix, www.coruna.gal/cmix . A inscrición ábrese o luns previo á actividade e pecha o xoves ás 12 da mañá . Para dúbidas chama ao 981 184 294 ou escribe a nocturniacoruna@gmail.com ou contacta co tallerdepolo@hotmail.com / 617 293 024

*Se coñeces mocidade inquieta e interesada nas artes e natureza, con ganas de pasar un sábado distinto, por favor, reenvíalles esta información !
Un cordial saúdo de tallerdepolo :)