venres, 27 de xullo de 2018

Enredando con Judith Godwin e Martha Graham , veranearte maiores


Quedou a abstracción de Judith Godwin para o final de veranearte maiores, coa danza de Martha Graham posta en relación cos nosos corpos e coa pintura... unha tarde máxica! Contamos coa colaboración de Ánxela Blanco(danza) que nos conectou cos nosos corpos e logo moita pintura e a danzar cos pinceis! A predisposición do grupo a experimentar e xogar como peques foi incrible, unha xornada marabillosa que penso nos deixou a todas conectadas coa vida dende o máis positivo. 
 https://anxelablanco.org/





























 
Romper bloqueos, permitirse xogar e experimentar, achegarse a distintas artistas e formas de facer arte ... e conectar con outras dimensións das nosas vidas/do noso ser... estar no momento e sentir a creatividade aflorar. 



gracias as participantes neste primeiro veranearte maiores pola confianza e a sinceridade ao longo do taller e , sobre todo, pola vosa xenerosidade... desvestindo capas do ser para convertelas en formas e trazos... unha aperta a todas! 



xoves, 26 de xullo de 2018

Enredando con Judith Godwin e Martha Graham, veranearte


Finalizando o noso veranearte 2018, desta volta con Judith Godwin en tándem con Martha Graham: expresión , corpo-movemento en conexión co trazo, coa pincelada...
Visionamos Lamentation , a danza de Martha G. , movementos claros, algo duros e moi expresivos que nos levan e nos conectan coas obras abstractas de Judith G., inspiradas nesta mesma danza. Dende esa inspiración e dende ise territorio pintaremos nos nosos grandes soportes, axeitados para mover o brazo loooongo.... 












Tempo de verán xa; as mentes e os corpos se adaptan ao ritmo lento, algo vago e lixeiro propio de tanta vacación polo que o ritmo de traballo do alumnado baixa tamén ;) asi que, saída a merendar e fincadonispero :) corpo e movemento no barrio, nesas zonas verdes que aínda quedan sen asfaltar...





O próximo martes peche de veranearte 2018, pequena celebración e mostra do feito a partir das 12;30 , estades invitadxs!  
(se aínda non enviaches o teu agradecemento estas a tempo... ;)  



venres, 20 de xullo de 2018

Enredando con Grayson Perry, veranearte maiores


O pasado martes coñeciamos a obra de dous artistas ben distintos: G. Perry e Paula Rego, baixo o seu influxo atacamos unhas vellas cerámicas para darlles outro sentido... empregamos o colaxe, pero esta vez en tres dimensións ;) ou catro!





A densidade das vidas, emocións... as loitas persoais e a súa representación no lenzo, no tapiz, na cerámica... no diálogo. Conectar dende a arte co teu interior e as túas propias loitas... ou achegarte as loitas de outrxs... e perder o medo a improvisar, probar a xogar como cando eras pequenx ... facer agromar a nosa creatividade.




Seguimos recollendo os vosos "textos de agradecemento": podes enviar o teu texto ao correo polotallerdepolo@gmail.com ou ao wasap 617293024 ou a través das redes sociais... agradecidxs estaremos. O texto será un exercicio de gratitude do “eu” que escribe a un suposto “outro” , sen necesidade de identificalo, incluso pode ser unha alteridade imaxinaria, só pedimos que  teña relación co sentimento de gratitude. Estes textos nos darán pé a coñecer a obra de Chiharu Shiota e construír entre xs participantes de veranearte2018 unha obra conxunta. Gracias!!


 

xoves, 19 de xullo de 2018

Enredando coas meninas de Velázquez


Analizamos o famoso cadro das Meninas coñecendo as súas personaxes e un pouco da historia de cada unha. Falamos do pasado, dunha sociedade distinta da de hoxe en día; polo que na actualidade as meninas podería ser un cadro distinto, ou non?
Cada unha/un elixirá a súa personaxe para recreala a partir da silueta do propio corpo, colocarlle o noso rostro e re-inventar o cadro. E unha tarefa longa, onde hai que traballar en equipo e no individual... as veces é complexo e hai que ter paciencia.

















 


Podedes ver á princesa Margarita atendida polas meninas Isabel e Maria Agustina, o rei e a raíña ao fondo, o pintor á esquerda do cadro ; Mari Barbola e Nicolasito á dereita co can, Marcela e o guardadamas cotilleando detras... si entra ou sae Jose Nieto é un misterio.Nas nosas versións hai variacións , claro. 



 
E seguimos avanzando no cartel; Papeleira á esquerda
aínda nos quedan días de veranearte! 

sábado, 14 de xullo de 2018

Sophie Taeuber Arp no veranerte maiores



Descubrimos esta muller artista tan fascinante; importante figura no dadaísmo, na danza ou no deseño de vestiario, orixinais marionetas, deseño de mobles e de interiores, ... como moitas outras mulleres de vangarda quedaron esquecidas pola Historia, unha Historia contada por uns poucos, uns preguiceiros que prefiren restar a sumar ...e hai moitxs por sumar.

Traballar a partir de formas sinxelas, liñas e cores planos. Algunhas de nós necesitamos dotar de simbolismo esta construción desprovista de figuración, paisaxe ou narrativa... a falta de experiencia nos limita no xogo e na liberdade da linguaxe plástica. O bo é que a experiencia é cuestión de traballo e traballo, está ao noso alcance ;)







 Marta


 Natalia


 Victoria


 Chelo 

 Gema

 Paula (en proceso, + abaixo acabada)



Dotar de simbolismo as formas e cores pode ser divertido e revelador, contar acerca de nós a través desta nova lingua ou deixar que outras imaxinen a partir das nosas creacións... compartir neste espazo seguro o noso momento, a nosa aprendizaxe e o nacemento de posibilidades creativas...