sábado, 25 de agosto de 2018

en setembro empezamos un novo curso!


lembrarvos que a partir do 17 de setembro empezamos un novo curso, pasiño a pasiño medrando unha fermosa comunidade creativa nos Castros; persoas inquietas en continua construción.
Contáctanos se queres información dos cursos , se tes dúbidas ou queres facer unha proposta... na pestana do blog QUE E O TALLERDEPOLO? tes horarios e mais info de actividades, etc. 




Nas clases de óleo e acrílico podes aprender dende cero a pintar, mellorar a túa técnica ou experimentar outras posibilidades. Por suposto; explorar a túa creatividade e deseñar traballos persoais en función dos teus obxectivos. Os obxectivos poden ser moi diversos e incluso, poden ir mudando a medida que vaia avanzando o curso ... é unha aventura por explorar! 

 


Tamén temos grupos adicados a explorar a nosa creatividade e diferentes técnicas plásticas, mellorar e “xogar” co debuxo e ganar confianza nas nosas capacidades. E, por suposto, os venres están adicados xs mais peques , xs futuros creadores de arte, imaxes, audiovisual, moda, artesanía, cultura, ciencia,.... o noso futuro. 






E para outubro empezaremos un grupo de acuarela, vai anotando datas e reservando a túa praza,  esperámoste!!





 
 

domingo, 12 de agosto de 2018

O taller sigue activo este mes pero dun modo distinto


Os últimos traballos do curso de técnicas de óleo e acrílico marcharon pouco a pouco ao longo de agosto... aínda que non temos clase este mes, o taller está aberto por se queres información sobre os cursos ou ir reservando praza para o próximo; só tes que avisarme previamente para quedar un dia da semana, e alí te espero. O taller sigue activo este mes, dun modo distinto, pero con moito por facer ;) 
Na pestana do blog QUE E O TALLERDEPOLO, podes ver o horario previsto(é flexible) para o seguinte curso, tamén actividades que se están a xestar dende xa e nas que podes tanto ir anotándote como axudando a dar forma.... e empezaremos coas clases e actividade do curso a partir do 17 de setembro.
 
Estes son algúns deses traballos que se marcharon pouco a pouco ao final do curso, a maioría feitos con óleo e acrílico, algúns de acuarela e debuxo... todos pintados con moito amor e tenacidade.




Natalia pintou un Okuda persoal, un retrato dos seus amigos pero ao xeito do artista grafiteiro
 http://okudart.es/showcase/



Ana C. optou por retratar cun estilo ao pop art

Loly pintou ao óleo esta porta galega 

e Pepita sucumbiu aos encantos de Lita Cabellut, a súa exposición na cidade deixounos varias fans!  e pintou ao óleo esta réplica dunha obra de Cabellut
http://www.litacabellut.com/

Victoria de novo pinta coa alegría que a caracteriza, óleo







Pilar Cristobo expón estes meses en O Carballiño, estivemos pasando calor da boa e montando a expo, que quedou moi linda e podedes visitar ao longo do verán no Casino Cultural e Recreativo da vila.





para finalizar as acuarelas de Pili GV e Chelo debuxando, a partir dunha imaxe da revista feminista Revirada, 
http://reviradafeminista.com/
 


E só me queda desexarvos un bo verán a todxs!

mércores, 1 de agosto de 2018

despedida veranearte-s 2018


final e celebración de veranearte2018 -dos dous; veranearte e veranearte maiores- ocasión de encontro entre amigxs e alumnado do taller... compartir ledicia, aprendizaxes e amizade... a choiva deunos unha tregua e permitiunos remover a rúa un pouco :)
Na marabillosa compaña dos proxectos Toca Madera e Sucede artevisual que compartiron toda esta aventura e que desexamos sigan moi cerquiña ao longo do próximo curso.
 https://www.facebook.com/tocamaderagalega/
 https://www.facebook.com/sucedeartevisual/
 

 



 
Momentos de xogo, convivencia e mostra de algúns dos traballos feitos... rebumbio, lío, enredo, berros, lambetadas, sol, cores , apertas ... gracias. 




O noso final de taller con Chiharu Shiota, enredándonos con agradecementos a vida, aos sentidos, aos amores, as persoas que nos fan medrar, ao cine, as artes todas...








deixamos esta fermosa aventura atrás, o próximo curso podemos iniciar novas viaxes e explorar outros territorios ... ;)