domingo, 23 de setembro de 2018

xa estamos en marcha!

Empezado e inaugurado un novo curso, con moitas forzas e enerxías postas nesta nova aventura. Podedes seguir os nosos pasos neste blog e nas redes sociais, achegarvos ao espazo e chatear con nós  en modo non-virtual, con café ou sen cafeína ;)  en Os Castros vos esperamos :)))
https://www.facebook.com/Polo_Tallerdepolo
https://www.instagram.com/polo_tallerdepolo/




 Grupos de óleo e acrílico empezando amodinho ... de luns a xoves



 O mellor día da semana en marcha! Os venres tenho grandes mestres, moito que aprender ;) 







Os sábados cheos de creatividade e traballo duro!  ;)



Esperámosvos !!

xoves, 20 de setembro de 2018

curso 2018-2019 en marcha!!!


O tallerdepolo é un espazo onde explorar, achegarse e perfeccionar distintas técnicas das artes plásticas, de maneira divertida e acadando unha formación axeitada aos intereses profesionais e persoais do alumnado. Adaptámonos aos teus obxectivos ideando conxuntamente un camiño de aprendizaxe que te leve a acadar a túa meta. Preparámoste para a entrada en escolas de arte- artesanía - deseño, activamos e damos impulso á túa creatividade e estamos atentas ao teu sentir: a traballar conxuntamente ao teu ritmo. 
 
Podes aprender dende cero ou perfeccionar técnicas pictóricas como óleo ou acrílico, mesturar técnicas e experimentar,...
tódolos grupos exploran diferentes técnicas plásticas; acuarela, colaxe, pastel, carbón, estampaxe, ... facendo a aprendizaxe divertida e xerando un ambiente creativo que facilite a orixinalidade.




 
Xa temos horario do novo curso, é flexible e irá mudando en función do alumnado, número de participantes por grupo, etc. procurando adaptarnos as vosas necesidades para que non perdades ningunha clase. 





podes acadar mais información das nosas clases chamando ao tlf. 617 293 024 , escribindo a polotallerdepolo@gmail.com ou pasando polo taller neste horario; Monte das Moas 17-baixo A Corunha 

martes, 4 de setembro de 2018

sobre Neighborhood, proxecto Internacional de arte postal


Naceu na primaveira o proxecto internacional de arte postal “barrio”/”neighborhood”, querendo conectar o barrio de Os Castros con outros mundos, con outros barrios e artistas de calquera lugar/territorio. A arte postal permítenos esta conexión, permite a liberdade de fluír arte e creación sen xuízos, sen mercado e reflexionando de maneira diversa sobre o tema proposto. Neste caso o barrio, a construción dende e do barrio, do espazo social-urbano do cotiá. Como vemos o noso barrio? Como o construímos? Como o queremos? Etc.
A nosa convocatoria leva a dinámica do mail-art ao barrio de Os Castros, a través de obradoiros de arte postal así como, a exposición das obras recibidas, que terá lugar no Taller Aberto(tallerdepolo ou outro espazo do barrio) no mes de Decembro. Tamén as poderedes ir vendo no blog http://mailartbarrio.blogspot.com.es/



 
Durante o último trimestre do curso fomos recibindo achegas de diferentes barrios do mundo... non de todo o mundo, pero case ;) e imos revisando e desfrutando cada peza que chega, tamén comprobamos o remite para ir colocando unha bandeirola cativa no noso mapa mundial e ir aprendendo xeografía, arte, diferentes formas de mirar o barrio, diferentes formas de facer arte, arte libre como a arte postal: capaz de voar a un lugar descoñecido coa xenerosidade da creación mais divertida ... aprendemos que hai miles de linguas, miles de formas de comunicar... que a vontade é a ferramenta mais eficaz para a comunicación.
Cada nota que pinchamos no mapa, leva unha/un artista remitente, a vontade de comunicar, unha mirada persoal sobre o barrio, unha lingua de procedencia mais unha linguaxe artística, un barrio por explorar no futuro, xenerosidade dende un remoto lugar que descoñecemos ... moita aprendizaxe nos trae esta convocatoria aínda aberta ata decembro de 2018 , compartídenos a vosa lingua/o voso barrio/a vosa mirada !!







Estades invitadxs a participar, a colaborar ou deixarvos enredar en calquera das actividades que iran xurdindo a raíz desta proposta de mail art, “barrio”/”neighborhood”.


 
Barrio, Proxecto Internacional de Arte Postal de Carlos Botana y tallerdepolo, taller de artes plásticas.
Tema: barrio
Tamaño e técnica libres. Sen xuíces. Sen cargos. Sen retorno.
Data límite: 1 Decembro de 2018
Coas as obras recibidas realizaremos unha exposición no barrio de Os Castros.
Enviar a:
tallerdepolo/ Carlos Botana
Rúa / Monte das Moas 17-baixo
Os castros- 15009 -A Coruña, Galicia