luns, 29 de outubro de 2018

visita as "tripas" do Museo de Belas Artes


O martes fomos de visita ao museo de Belas Artes da Coruña, unha visita guiada polas tripas do museo. Encantounos coñecer como se almacenan as obras, saber que se van alternando ao longo do ano, como viaxan ... ou visitar a sala de restauración; moitos camiños segredos para os cadros e esculturas que conforman a nosa cultura, que non só dan traballo a moitas persoas senón que dan moito mais: alimento ao noso ser(individual e colectivo). Pero a cultura e as artes son un xoguete máis para a especulación, desprovistas do seu sentido mais íntimo quedan baleiras e ocultas, á espera de ser un bo negocio... tristeza para todxs. 












 
Mentres poidamos, aproveitamos para desfrutar os museos e outros espazos de arte e cultura da cidade, volveremos pronto ao museo pero será para coñecer e aprender das obras expostas xa non das “tripas”
Tamén nos deu tempo de tomar un cafelito :) ;)  






domingo, 14 de outubro de 2018

A fraga encantada do encoro


Empezamos o curso co obxectivo de coñecer un pouco mellor a nosa contorna, comezando pola natureza mais achegada. A proposta do grupo naturalista Hábitat , co seu certame anual de debuxo da natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre, A Fraga Encantada do Encoro” sérvenos de escusa e camiño para centrarnos na observación dos detalles e a súa importancia na descrición da especie e no debuxo realista (ilustración da natureza). 
 https://gnhabitat.org/vi-certame-de-debuxo-da-natureza-vida-silvestre-do-encoro-de-cecebre-a-fraga-encantada-do-encoro/

A idea de competir nun certame ten unha tensión propia: como unha persoa entende as artes? Como é posible a competencia nesta dimensión humana? Como nos posicionamos e como imos levar adiante esta participación? Ademais implica acomodarse a unhas normas estritas que pouco teñen que ver coa nosa maneira de traballar durante o curso(flexible e rompendo-cuestionando eses marcos limitantes tan frecuentes no noso día a día). Todo un reto! :) 












 Seguimos nesa aventura de coñecer a auga ;)  
Había una vez dos peces jóvenes que iban nadando y se encontraron por casualidad con un pez más viejo que nadaba en dirección contraria; el pez mas viejo los saludó con la cabeza y les dijo: “ Buenos días, chicos. Como esta el agua?” Los dos peces jóvenes siguieron nadando un trecho; por fin uno de ellos miró al otro y le dijo: “Que demonios es el agua?” David Foster Wallace



 Da tempo para o "traballo duro" e tamén para saír e debuxar caracois, pintar, recoller e desfrutar os mail art que nos chegan  ... e garabatear!! 




 achega de Nestor Rossi, 9 de Julio, Argentina.
 http://mailartbarrio.blogspot.com/





 

domingo, 7 de outubro de 2018

hai diferentes maneiras de achegarse á pintura, só tes que probar


Hai moitas razóns para empezar a pintar; dende unha ansia de expresar, de explorar esa creatividade que levamos todas as persoas dentro, facer coas mans, coñecer e relacionarnos con outras persoas mentres probamos unha nova actividade ou, tamén hai persoas ás que sempre lles gustou o debuxo e a pintura e, por voltas da vida (todxs sabemos desas voltas) adicáronse a outra profesión ou á súa familia... e agora teñen un tempo(que é un tesouro) pra adicarlle aos soños. 



Hai diferentes maneiras de achegarse á pintura porque temos obxectivos distintos, anhelos propios que -as veces- nin a nós mesmas nos confesamos. Segundo sexan as nosas motivacións e os nosos ritmos, podemos ir aprendendo dun xeito ou doutro... ir probando. 
 












Cadro ao óleo rematado!este bosque de bambú en Japón é un lugar ao que soña viaxar,  e Maite empeza por pintalo ;)