sábado, 22 de decembro de 2018

último trimestre do 2018


Este trimestre que remata o ano, empezamos varios proxectos, algúns son a longo prazo e outros, xa quedaron listos; como a nosa participación no Certame da Natureza, organizado polo grupo naturalista Hábitat https://gnhabitat.org/ganadores-do-vi-certame-de-debuxo-da-natureza-vida-silvestre-do-encoro-de-cecebre-a-fraga-encantada-do-encoro/ 

Moi contentas de ter participado e coñecido especies naturais que doutro xeito nos pasarían desapercibidas... moito por coñecer! Dúas alumnas do tallerdepolo premiadas polos seus debuxos e, todxs contentxs de mostrar os nosos traballos nunha exposición que recolle os debuxos de todas as participantes no certame. 



 Catu

 Tania

Xoel 

 Carlota

 Noa


                                                       Paula
                                                              Brais

                                                             Luisa

                                                            Laura


 Diego 

 
Seguimos adiante, investigando sobre a historia de As Encrobas, achegándonos ao complexo pasado do territorio que habitamos; coa ilusión de ilustrar unha parte do acontecido (ou do que nós podemos entender que aconteceu...) poñéndonos en relación cun pasado (nada afastado) que para xs mais pequenxs soa moi diferente, demasiado distante. Unha ilusiónante tarefa por diante! 





Debuxando a avoa descrita por María das Encrobas 
 https://mariadasencrobas.wordpress.com/2018/10/13/abuela/





O xardín 
                                         Felices festas para todxs!!



mércores, 12 de decembro de 2018

invernArte 2018

Facémosche estas diferentes propostas para este tempo de nadal



InvernArte persoas adultas (idade a partir de 14), obradoiro de reflexión e experimentación plástica, desta volta achegándonos ao colaxe e a obra de Barbara Kruger; pasando unha divertida e diferente tarde de Decembro. Será no tallerdepolo (Monte das Moas 17-baixo, Os Castros) o xoves 27 a partir das 17:00 horas ata que paremos  ;)  
O custe do obradoiro é de 12 euros/ participante
+podes inscribirte en polotallerdepolo@gmail.com ou no tlf. 617293024  


 
InvernArte peques, obradoiro infantil onde divertirse e achegarse á Arte son unha mesma cousa; promovendo un espazo de crecemento artístico e persoal asi como coidando as sinerxías xeradas entre as participantes. Que chulo é o inverno con arte!
Imos achegarnos á obra de Barbara Kruger, Paula Becker e G. Richter explorando e experimentando coa pintura o o colaxe, usando as mans e sobre todo a cabeza ;)
Días 26+27+28 Decembro de 11:30-13:30 horas (flexibilidade co horario)
O custe do obradoiro é de 35 euros/ participante (desconto para irmáns e para alumnxs do tallerdepolo) materiais incluídos. 
+podes inscribirte en polotallerdepolo@gmail.com ou no tlf. 617293024 

Estes cursos os podes agasallar para as túas persoas queridas en forma de vales

 

O día 28 de decembro contaremos no tallerdepolo con Sucede arte visual, que ofrecera un fermoso obradoiro para familias, mais información e inscricións escribindo a    sucedeartevisual@gmail.com 



 
 

domingo, 9 de decembro de 2018

Taller Aberto II, Neighborhood mostra de arte postal


O 1 de Decembro 2018 no tallerdepolo celebramos o noso cuarto Taller Aberto ao barrio: realizamos unha exposición de Arte postal coas obras recibidas na convocatoria Neighborhood, así mesmo desfrutamos dun obradoiro gratuíto e un divertido xogo de pistas no barrio de Os Castros, contamos coa colaboración do mail-artista Carlos Botana e da bocateria O Toxo. E contamos tamén co aporte da marabillosa Carlota Ramudo para documentar a expo coas súas fotografías.

https://carlotaramudo.wordpress.com/




  

Por que o barrio? Neighborhood International mail art project
 
O tallerdepolo se enmarca en Os Castros, un barrio periférico que é entrada e saída da cidade, con un urbanismo pouco sensible ao vínculo da poboación coa rica contorna; o mar próximo, moitas leiras e espazos verdes aínda sen edificar e abundantes costas e obstáculos para unha poboación avellentada e, en moitos casos, solitaria. O barrio é o núcleo da vida diaria da maioría da poboación, é tanxible: cos seus Centros de Educación, Centro de Saúde, oficinas, pequenos negocios e hostalería onde convivimos día tras día con problemáticas, celebracións e conflitos que seguro se repiten en cada barrio do mundo ... mais alá do territorio nacional o “territorio barrio” pódenos unir, axudar a coñecernos e promover solucións a problemas importantes. A construción do barrio depende en gran medida do facer dos habitantes, do noso actuar cada día. O tallerdepolo é un espazo de arte no barrio, un espazo de cultura onde o alumnado se pon en relación coa contorna, a través de saídas, relación coa veciñanza, obradoiros na rúa (como o 17 de Maio celebrando as letras galegas cun obradoiro de arte postal e un obradoiro ofrecido por TocaMadera artesanía) e, por cuarto ano facemos o Taller Aberto onde as portas se abren para poñer en relación arte/ barrio/ cultura/ diversión/ transito de persoas inquietas/ ... poñer a periferia no centro.

















Gracias por acompañarnos nun Taller Aberto mais, polo apoio e cariño recibidos. Agradecer a todas as persoas participantes no proxecto de arte postal Neighborhood   :) 

vémonos no barrio!





Taller Aberto 2018, Neighborhood international mail art project


O 1 de Decembro 2018 no tallerdepolo celebramos o noso cuarto Taller Aberto ao barrio: realizamos unha exposición de Arte postal coas obras recibidas na convocatoria Neighborhood, así mesmo ofrecemos un obradoiro gratuíto e un divertido xogo de pistas no barrio de Os Castros, contamos coa colaboración do mail-artista Carlos Botana e da bocateria O Toxo. 

Foi un día intenso e fermoso, gracias por acompañarnos :) 






 
MAIL ART PEDAGÓXICA

Estes meses estivemos recibindo fermosas achegas de artistas de diferentes lugares do planeta que, da maneira mais xenerosa, nos adicaron o seu tempo e a súa arte, ademais de enviárnola fisicamente (en plena era dixital). O alumnado e amigas/os do tallerdepolo puidemos desfrutar desta variedade artística, cultural, lingüística, de barrios e intereses que ampliaron a nosa mirada. Facemos así que a Arte sexa un mecanismo de aprendizaxe, de xogo e interacción: unha Arte mais alá do mercado, xenerosa e divertida ao tempo que crítica e reflexiva.
Situar no mapa mundial cada achega, ir recoñecendo os territorios e asocialos a ese/a artista e as súas imaxes; tamén lidar con linguas que nos son alleas, os nomes/sonoridades que non identificamos, buscando flexibilizar as nosas mentes fronte á grande diversidade que conforma a Humanidade. 







  
Amadriñar mailartistas
Imos empregar a linguaxe plástica como maneira de comunicación e diálogo, mais alá da lingua: amadriñar un/unha mail-artista. Parte do alumnado do tallerdepolo elixe unha obra á que vai responder con unha nova peza de arte postal, que se relacione, de algunha maneira, coa proposta elixida; pode ser a técnica, o enfoque ideolóxico, o formato, unha reacción, etc.
Esta conversa permítenos imaxinar e achegarnos a unha persoa que non coñecemos, que vive nun barrio lonxe, con outra lingua e costumes pero que conecta con nós en algo aínda por explorar. Coñecer e analizar a variedade de técnicas que recibimos en cada carta, as múltiples visións sobre o tema proposto e tanta creatividade recibida ábrenos a posibilidade do distinto, da visión persoal. Ábrenos a posibilidade de ser libres para facer e experimentar e o imaxinario tan diferente ábrenos a posibilidade do distinto, da visión persoal; reflexionemos agora sobre a nosa idea de barrio.


Agradecer as fotografías de Sucede arte visual , que documentou parte da xornada ;)
 https://www.facebook.com/sucedeartevisual/
















Mail art exhibition in the neighborhood of Os Castros
On December 1, Mail Art Exhibition with the works received in the Neighborhood call, we will also offer a free workshop and a fun game of clues in the neighborhood of Os Castros.

With the objective of keeping alive an open art space for the neighborhood this December we will celebrate our fourth Taller Aberto 2018, Open Workshop. This year it will consist of a mail art exhibition with the works received over the last months in the Neighborhood International mail art project, with the collaboration of the artist Carlos Botana. The exhibition will show the works received until December, as well as, information about the project in relation to tallerdepolo’ students and the neighborhood. A project that links the neighborhood with art, with different artistic languages, with pedagogy, with other neighborhoods in the world, other languages and cultures.
We will also offer a postal art workshop that will start at five o'clock in the afternoon, and from the sixth we will go out to a fun game type gymkhana, to look for clues through the neighborhood (some will have a prize!).
The exhibition will be divided into two places: the workshop and the O’ Toxo" bocateria, which will provide a circuit in the neighborhood where the tracks were located. Throughout the day you can visit the exhibition from 12:00 a.m. to 9:00 pm, approximate.