martes, 15 de xaneiro de 2019

soñando 2019


Podemos ver ao ser humano como mero consumidor, como un ser abocado a unha existencia utilitaria, carente de imaxinación e creatividade. Se perdemos a maxia das artes como expresión de reflexión e pensamento estamos perdendo o mellor da nosa humanidade. Por iso, debemos imaxinarnos de outras maneiras, debemos darnos espazo para medrar e soñar. Probar actividades que nos eleven, permitirnos ser moito mais.
Empezamos 2019 cos grupos de aprendizaxe para persoas adultas: óleo, acrílico, acuarela, debuxo... ampliando a nosa mirada. Horarios de luns a sábado, de mañá e tarde, excepto os venres que están reservados para xs mais peques. 
Esperámoste!


 clases de óleo e acrílico, iniciación e perfeccionamento  


 
acrílico

 
 

 óleo 



acuarela  



 debuxo e creatividade


 

venres, 4 de xaneiro de 2019

invernArte maiores, un pouco do acontecido


Primeiro invernarte maiores; unha sesión de colaxe na que partimos do traballo e das verbas de Barbara Kruger. Un grupo de mulleres con inquedanzas creativas e con moita enerxía coincidimos neste invernArte moi pensante; moi de xogo entre a imaxe e o verbal.
Para algunha das participantes era a primeira vez que facían colaxe, asi que empezamos cun xogo no que romper prexuízos e barreiras e poder ser mais libres para probar sen medos... e, cousas moi chulas foron saíndo, ademais de activar as nosas mentes e facernos cómplices unhas das outras, nos sentimentos e pensamentos... “juntas creando” (traballo de Maru que sintetiza este primeiro invernarte maiores) 


                                            "Juntas creando", Maru




                              "Cualquiera de estos es un buen regalo", Sandra


                                                 "Te vigilamos" , Pilar C.


                                            "Tengo Hambre", Marta

                                           "No te conformes", Alba 





xoves, 3 de xaneiro de 2019

invernArte peques, un pouco do acontecido


InvernArte foi un oasis de arte e diversión (dende a consciencia e o pensamento) nas festas de nadal, foron tres mañás nas que nos achegamos ao traballo de artistas ben diferentes, cada unha/un cunha linguaxe e contidos moi persoais.
Cal foi o preferido? Pois curiosamente, os tres gustaron e namoraron ás crianzas; Paula M. Becker, Gerhard Richter e Barbara Kruger. Empezamos con Paula que nos serviu para coñecernos un pouco entre nós, autorretratarnos da mellor maneira, e achegarnos á pintura. O segundo foi Gerhard que nos levou ao territorio da abstracción a partir da experimentación e o xogo coas cores... e para rematar este invernArte, Bárbara K. fíxonos pensar no que nos rodea; no mundo que vivimos e como o vivimos... empregamos imaxes actuais(que o alumnado recoñece moi ben) xunto con palabras que foron xurdindo e que fomos conectando mediante o colaxe.












 Boas festas!