domingo, 2 de xuño de 2019

veranearte 2019, informacion


Lembrarvos que en Xullo teremos unha nova edición do veranearte; obradoiro infantil para achegarse ás Artes Plásticas e á Historia da Arte dende a xeración dun espazo de crecemento artístico e persoal. Compartindo dende o barrio e co barrio a experiencia, tratando de ser-facernos conscientes das nosas aprendizaxes e das vivencias compartidas
 
Persoas non tan peques de idade que queirades xogar e explorar a vosa creatividade tamén teredes o voso veranearte!


 
Como nas edicións anteriores daremos importancia as sinerxías xeradas entre as participantes, ao desenvolvemento creativo individual e do grupo e ao seu enriquecemento en coñecementos artísticos e cultura visual, tan necesarias nesta sociedade e a que está por vir.
Este verán imos traballar a partir da obra de Yayoi Kusama, Hilma af Klint e un pouco da BAUHAUS, a pintura e a cor van ser as protagonistas!!!

BLOQUES veranearte

Será no tallerdepolo( Monte das Moas 17-baixo)
Xullo: martes e mércores de 11,00 a 13,30 horas
A partir de seis anos / desconto para irmáns e desconto especial alumnado tallerdepolo.
Materiais e froitas incluídas
2, 3, 9,10, 16 e 17 de xullo de 11,00 a 13,30 horas
prezo total 65/participante (dous irmáns 110)
materiais incluídos+ froitas
desconto especial para alumnado tallerdepolo

veranearte 2
23,24,30 e 31 de Xullo de 11,00 a 13,30 horas
prezo total 45€/participante (dous irmáns 75)
materiais incluídos+ froitas
desconto especial para alumnado tallerdepolo


Consulta calquera dubida ou proposta especial para ti e os teus horarios. 

Fai a túa reserva antes do 26 de Xunho (para veranearte1) e antes do 5 de Xullo (para veranearte 2) 
+info e reservas polotallerdepolo@gmail.com
telefono 617293024
tallerdepolo.blogspot

 
 veranearte 2018



VERANEARTE ADULTxS

3 tardes de martes ou mércores de Xullo (a elixir segundo preferencia do grupo igualmente co horario, para facilitar a vosa asistencia e conformación de un mínimo de asistentes), tres horas de taller con materiais incluídos- prezo total 45)

Traballaremos a partir da obra de mulleres artistas que nos levaran por camiños de pensamento/emoción que logo plasmaremos plasticamente. Tardes para atoparnos, descubrir e sorprendernos tanto das nosas habilidades creativas e manuais como da satisfacción e enerxía que proporciona un proceso creativo.



 veranearte adultxs 2018