sábado, 31 de agosto de 2019

Ponlle Arte ao barrio!


O barrio é onde transcorre a vida cotiá e debería ser un lugar seguro e estimulante para todas as persoas que o habitan... o barrio somos nós e nós facemos o barrio. Sonsoles Mosteiro (Ocupacións significativas) e tallerdepolo deseñamos e levamos á practica un obradoiro piloto pensado para fortalecer o tecido de barrio: ofrecendo un rol diferente á mocidade (de 10 a 19 anos) , poñéndoa en relación co comercio local e empregando as Artes Plásticas como linguaxe de creación e comunicación. Nesta nova experiencia destacar o entusiasmo das mozas e mozos implicados, dos negocios do barrio colaboradores que conectaron inmediatamente coa idea e a nosa visión, coas posibilidades que ofrecen dinámicas de este tipo. 




De maneira resumida contarvos que o obradoiro consiste en poñer en contacto comerciantes locais (con algunha necesidade estética ou de deseño), con un equipo de adolescentes dispostos a realizar un proceso creativo na busca de solucións e propostas para esas necesidades. Embarcándonos todas/todos nunha aventura onde o tempo foi un factor determinante no ritmo e “saboreo” da experiencia: animamos ás participantes a facer horas “extras” totalmente voluntarias e, para a nosa sorpresa, todas se presentaron ilusionadas a avanzar no traballo que tiñamos por diante. O cal nos mostrou que situalos nese rol de "profesionais-persoas que solucionan e crean ideas" é enriquecedor, estimulante e divertido. Outra dimensión do proxecto foi ofrecer formación e diversión no tempo de verán, no mes de agosto, enriquecer ese “tempo morto” con traballo interesante, estimulante que nos pon en relación coa vida profesional. 

 https://es-es.facebook.com/somososcastros/
 http://www.tiendamab.com/
 https://www.facebook.com/Bichocleta/






 

Foi un proxecto complexo, onde estar atentas ao trato, vínculos do grupo, comunicacións cos colaboradores, ritmo e tempos de execución, busca de materiais, información, probas de materiais e técnicas, ... realmente intensa cada xornada e, levar adiante os procesos creativos en marcha, de maneira positiva, cos aportes de todxs, sen certezas nos resultados, ... resultou unha excelente experiencia de aprendizaxe para as responsables do proceso. Todo un reto. Compartido coa colaboración dos comerciantes do barrio: Tienda Mab juegos y libros, Cafeteria By Carmina e a tenda-taller de bicis Bichocleta






Visita de Carlota Ramudo Mendez, que nos mostrou a súa presentación de traballo final para a Escola de Artes P. Picasso na modalidade de Fotografía, vimos formas de presentación e como levar adiante un proxecto creativo a través da mirada dunha moza nova. 
https://es-es.facebook.com/carlota.mendez.353


 
Compártovos aquí algunhas imaxes do día a día do proxecto e, ao final imaxes da presentación de todo este traballo , o traballo da mocidade participante e a proposta de Ocupacións significativas e tallerdepolo nesta aventura. 

 Historieta para a Bichocleta  



  carta para By Carmina 



                                                      
                                                                          Etiquetas para a Bichocleta



                                           Mural pintado no interior da Bichocleta




 Fotografías da celebración final a cargo de Carlota Ramudo Mendez: 
















domingo, 25 de agosto de 2019

Hilma af Klint en veranearte maiores


No mes de Xullo tamén tivemos veranearte adultxs.
Marabillosas mulleres pintando xuntas; obxectivo pintar e xogar compartindo tempo e vivencia, coñecendo un pouco mais da Historia da Arte “mutante, perdida e encontrada porque se vai construíndo a pasos, segundo se incorporan miradas que non se tiñan en conta.
De Hilma af Klint se nos presenta unha historia misteriosa, que no cotiá se traduce en traballo solitario naquilo que che gusta, nunha contorna pouco favorable a ti (ao teu xénero e opción de vida) e ao desenvolvemento da túa liberdade. As sociedades que construímos están cheas de obstáculos para avanzar e mellorar como seres humanos, priman conceptos macro-económicos, de consumo e de utilidade fronte á nosa necesidade de coñecemento e recoñecemento. Por iso é importante xerar espazos de encontro dando estimulo á nosa creatividade e liberdade ao tempo que compartimos aprendizaxes que nos leven a soñarnos diferentes.
O pracer de aprender e traballar xuntas, de gozar coa cor, coa musica, coas outras ... unidas nunha ofrenda a nós, pensándonos-soñándonos da mellor maneira, na mellor versión de nós


















Sempre agradecervos a vosa confianza e participación nos talleres  



 

Yayoi Kusama e a Bauhaus en veranearte kids



No mes de Xullo achegamonos as artes de maneira divertida conecendo a Yayoi Kusama e un pouco da Bauhaus (marionetas, ballet Triadico). Realizamos unha instalacion chea de puntos; unha sala na que tomar a merenda ou mimetizarnos punteados. Tamen fixemos marionetas que sacamos a rua, dandolles vida e movemento, inspirados polo ballet triadico. Manchamos as mans, as roupas e os pes... pero no veran ben nos merecemos un caldeiro de auga fresca pra lavalos! 















https://www.youtube.com/watch?v=vqHBAQpqpek